XUNTA DE GOBERNO

O Concello destina un millón de euros á reactivación do pequeno comercio de Compostela

30/04/2020

A Xunta de Goberno, en sesión extraordinaria, aprobou tres das convocatorias previstas para o apoio ao comercio previstas no Plan Marco de Reactivación Económica. Trátase de axudas para o pago de xuros en operacións de crédito, para a mellora e innovación do comercio local e para cheques de consultoría. En total, as tres liñas suman un crédito inicial de 410.000 euros, ampliable ata o millón de euros. As solicitudes deberán realizarse no prazo de 20 días hábiles, a contar dende o día...

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago desenvolverá un plan de accións de promoción e apoio para a recuperación turística da cidade

29/04/2020

O concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte, presentou este mércores en rolda de prensa as principais liñas de traballo do Plan de accións especiais de promoción e apoio a desenvolver dende Turismo de Santiago diante da situación de crise provocada no sector pola pandemia do COVID-19, aprobado polo Consello de Administración da entidade municipal e posteriormente pola Xunta de Goberno.

Ler máis

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Os Bombeiros amplían os seus labores de desinfección grazas a un camión proporcionado polo Ministerio de Transportes

28/04/2020

Os Bombeiros de Santiago dispoñen dende hoxe cun novo vehículo, proporcionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para incrementar e complementar os labores de desinfección que os Bombeiros veñen realizando dende hai semanas en diferentes puntos da cidade. Así, utilizarán un vehículo quitaneves, con capacidade para transportar 9.500 litros de auga para nebulizar diversas áreas da cidade.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio promoveu máis de 40 exposicións nos últimos oito anos

28/04/2020

A área de publicacións e exposicións do Consorcio de Santiago, baixo a responsabilidade de Juan Conde, é un dos ámbitos recoñecidos polos cidadáns a tenor das estatísticas. Ao redor de 20.000 visitas anuais rexistra a Casa do Cabido, mentres que ás presentacións periódicas dos seus libros asisten unhas duascentas persoas. "É moito máis estresante o traballo das exposicións que as publicacións. Pouca xente sabe o que hai por detrás, non se reduce a colgar fotografías ou...

Ler máis

CIDADE HISTÓRICA

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico retoma as súas sesións ordinarias, interrompidas pola crise sanitaria

28/04/2020

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico retomou hoxe as súas sesións ordinarias, interrompidas pola declaración do estado de alarma. Foi cunha xuntanza vía telemática na que este organismo asesor informou sobre distintas obraS, entre as que figuran a rehabilitación dun edificio para local comercial e catro vivendas na rúa de San Pedro e a renovación da instalación de abastecemento de auga nun edificio de Casas Reais. Está previsto que pouco a pouco se vaia recuperando a normalidade, coa celebración,...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o novo calendario fiscal

27/04/2020

A Xunta de Goberno, na sesión ordinaria celebrada este luns, aprobou o novo calendario fiscal, adoptado a raíz da crise do COVID-19. Na xuntanza, tamén se ratificou a ampliación dos contratos con varias cadeas de supermercados que participan no tícket especial de compra e deuse o visto bo á adquisición de 25.000 máscaras cirúrxicas.

Ler máis

SAÚDE E SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello instala unha carpa xunto ao Centro de Saude de Fontiñas na que se realizan test epidemiolóxicos

27/04/2020

O Concello de Santiago de Compostela vén de ceder unha carpa, instalada pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, a carón do Centro de Saúde de Fontiñas, na que, dende esta mañá, se están realizando os test da primeira fase do estudo epidemiolóxico que servirá para definir a dimensión da epidemia da COVID-19. A petición formalizouse a través da Concellaría de Políticas Sociais e Saúde, que dirixe Mila Castro; e a través do Departamento de Seguridade...

Ler máis

EDUCACIÓN

Ampliado ata o 15 de xuño o prazo de recepción de obras para o Premio Compostela de Álbums Ilustrados

27/04/2020

O Concello de Santiago acaba de ampliar o prazo de recepción dos traballos do XIII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados ata o 15 de xuño de 2020. O fallo do xurado terá lugar na segunda quincena de xullo, e a persoa ou persoas premiadas terán ata o 30 de setembro para entregar a obra rematada. Esta prórroga, aprobada hoxe en Xunta de Goberno, realízase ante a situación excepcional de crise sanitaria provocada pola COVID-19 e ten como obxectivo facilitar a presentación de obras a concurso.

Ler máis
Compartir: