ALCALDÍA

Santiago acolle este domingo a carreira "Os 10.000 peregrinos" coa presenza de grandes referentes do atletismo a nivel internacional

13/04/2023

A carreira, impulsada pola Deputación da Coruña co apoio do Concello de Santiago e a Federación Galega de Atletismo, foi presentada esta mañá na praza do Obradoiro. Este evento deportivo, que se desenvoverá o vindeiro domingo entre as 16:30 e as 20:00 h, contará coa participación de grandes atletas españois de carácter internacional como Adrián Ben, Tariku Novales, Daniel Arce, Fernando Carro, Irene Sánchez-Escribano, Crisina Ruíz e Esther Navarrete.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O IES Antonio Fraguas, IES Lamas de Abade e o Colexio La Salle, galardoados no IX Certame Literario de Viaqua

12/04/2023

Trece alumnas e alumnos do IES Antonio Fraguas, IES Lamas de Abade e Colexio La Salle de Santiago foron galardoados no IX Certame Literario ‘Relatos de Auga Intelixente’. Este certame, organizado por Viaqua, está dirixido a escolares dos preto de 50 concellos onde a empresa xestiona o ciclo integral da auga. A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro e o director da empresa Viaqua, Iván José Vicente, foron os encargados de entregar os premios nun acto que tivo lugar onte no Pazo de Raxoi.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A gala dos Premios Follas Novas preséntase como unha gran festa cultural galega

12/04/2023

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou esta mañá na presentación da gala dos Premios Follas Novas que terá lugar o vindeiro 22 de abril no Teatro Principal, e será conducida pola actriz Patricia de Lorenzo, con participación do grupo musical Mallou. Os galardóns renderán homenaxe a Ediciós do Castro, á libraría Númax e á escritora mexicana Lydia Cacho.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS E SAÚDE

O Estadio Vero Boquete acolle un partido a prol da doazón de órganos entre a SD Compostela e o Palencia Cristo Atlético

11/04/2023

Con motivo do partido do vindeiro domingo 16 de abril ás 10:00 horas, a Asociación ALCER Coruña, o Concello de Santiago e a SD Compostela desenvolverán unha acción de sensibilización co fin de recordar aos e ás asistentes como a doazón de órganos pode salvar vidas. Esta iniciativa ten lugar no marco da cuarta campaña "Doar é doado" da entidades coruñesa coa que vén colaborando o Concello nos últimos anos.

Ler máis

MOBILIDADE

Mañá terá lugar o segundo Encontro Participativo Temático no marco da actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible

11/04/2023

Despois do primeiro encontro, centrado na mobilidade de peóns, bicibletas e VMP na cidade, mañá, 12 de abril, terá lugar o segundo, que versará sobre o transporte público. A cita, telemática, será a partir das 10.00 h. Ao longo dos meses de marzo e abril, celebraranse outros dous encontros temáticos no marco do proceso participativo de revisión e actualización do PMUS.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Adxudicado o contrato para a posta en marcha da Oficina de Transformación Dixital

11/04/2023

A Xunta de Goberno Local adxudicou o contrato que ten por obxecto a prestación do "servizo de oficina de transformación dixital" á empresa Indra Soluciones Tecnológicas de la Información SLU, por un importe, IVE engadido, de 501.735,80 euros, e un prazo de dous anos. O obxectivo é darlle un novo impulso ao reto de transformación dixital que se está levando a cabo no Concello de Santiago de Compostela dende fai un ano.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica o mantemento e subministración do alumeado público exterior do concello, que prevé un aforro eléctrico superior ao 70%

11/04/2023

A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria deu luz verde á adxudicación do contrato de "servizos enerxéticos e de mantemento, funcionamento e subministración do alumeado público exterior do concello de Santiago" á UTE Ferrovial Construcción S.A. e ENDESA X Servicios S.L., por un importe total de 41.765.702,55 euros, IVE engadido. Este novo contrato permitirá a renovación e mantemento do alumeado das rúas, prazas, e outros espazos públicos do municipio por un período de dez anos,...

Ler máis
Compartir: