ESPAZOS CIDADÁNS

Incorporadas parcialmente as alegacións presentadas á ordenanza de terrazas antes da súa aprobación definitiva polo Pleno

23/01/2019

O Goberno local volverá levar ao Pleno da Corporación a modificación da ordenanza municipal reguladora das terrazas e quioscos de hostalería, despois de estimar parte das alegacións que foron presentadas ao texto aprobado en xullo de 2018. A modificación máis salientable ten que ver co artigo que regula as modalidades de ocupación da vía pública coas terrazas, en resposta á alegación presentada pola asociación Hostalería Compostela.

Ler máis

DEPORTE E POLÍTICAS SOCIAIS

Concello e Fundación Atlético de Madrid impulsan a Escola de Fútbol para nenos e nenas en risco de exclusión

23/01/2019

A Fundación Atlético de Madrid vén de impulsar en Compostela unha Escola de Fútbol para nenos e nenas en risco de exclusión social, que é posible grazas a un convenio coas concellarías de Deporte e de Políticas Sociais. Na tarde de onte, Noa Morales acudiu á presentación do proxecto, acompañada do coordinador do mesmo, Marcos Heleno, e do responsable da área social e voluntariado da Fundación, Óscar Jiménez.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Concello e o CGAC celebran o XX aniversario de "Lost in Sound", a mostra que levou a música electrónica ao Museo

22/01/2019

A música electrónica volverá ao Centro Galego de Arte Contemporánea o próximo mes de febreiro. Será ao abeiro dun proxecto impulsado polo Concello de Santiago en colaboración co CGAC para celebrar o 20 aniversario dunha das exposicións máis icónicas do centro: Lost in Sound. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou hoxe a actividade, coa que se celebra a terceira edición do programa Compostela Conversa. Na rolda de prensa, estivo acompañada por Cristina V. Miranda,...

Ler máis

ALCALDÍA

Continúan os preparativos do Correlingua 2019

21/01/2019

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a coordinadora do Correlingua, Lucía Barreiro, e o secretario comarcal de CIG-Ensino, Rubén Fernández, cos que falou dos preparativos da edición 2019 do Correlingua.

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

Máis rúas sen rotación obrigatoria e facilidades para as persoas traballadoras na nova ordenanza da ORA

21/01/2019

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade presentou hoxe a modificación da Ordenanza do sistema de ordenación e regulación do servizo da ORA e do aparcamento de residentes, que será levada a Pleno en febreiro, ou ben a unha sesión extraordinaria antes de que acabe este mes. Jorge Duarte explicou que o texto "actualiza o que estaba vixente desde o ano 2012, tendo en conta non só a municipalización do servizo, senón tamén a evolución da cidade e das políticas de mobilidade...

Ler máis

CONSORCIO

O mestre italiano Enrico Onofri dirixe esta semana a Real Filharmonía de Galicia e interpreta o "Concerto para violín" de Haydn

21/01/2019

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro será o xoves 24 na súa sede, o Auditorio de Galicia, no marco da súa tempada de abono, ás 20:30 horas, e que suporá ademais a estrea das novas butacas da sala Ángel Brage. Ao día seguinte, o venres 25, a orquestra desprazarase a Ourense, onde tocará no Teatro Principal da cidade, ás 20:00 horas. O mestre italiano Enrico Onofri levará a batuta de ambos os concertos, á vez que interpretará unha obra ao violín.

Ler máis
Compartir: