XUNTA DE GOBERNO

Apróbanse as subvencións destinadas ao fomento de actividades a prol da igualdade e á prevención das violencias machistas

17/08/2022

A Xunta de Goberno Local aprobou a concesión de subvencións para o fomento das iniciativas en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes, das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual (LGTBQI) e de prevención e loita contra as violencias machistas, para o ano 2022, nunha sesión extrordinaria celebrada o pasado venres. Un total de 14 entidades locais beneficiaranse destas axudas que suman 28.593,98 euros.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Uninova xestionou máis de 100 intercambios de emprendedores ao abeiro do Programa da UE "ERASMUS for Young Entrepreneurs" entre os anos 2017 e 2022

12/08/2022

O programa é unha iniciativa da UE para o intercambio de experiencias entre novos emprendedores e empresarios consolidados, tanto da UE como dun grupo de países de fóra de Europa. Uninova, a incubadora de empresas do Concello de Santiago e da USC, participa na actualidade a través de YEIM, un consorcio integrado por entidades públicas e privadas de España, Alemaña, Italia, Francia, Croacia, República Checa, Lituania e Bulgaria.

Ler máis

OBRAS

A vindeira semana arrancará a terceira fase do lote 1 do plan de asfaltado, que afectará a 13 rúas da zona urbana

11/08/2022

O 20 de agosto comezarán as actuacións da terceira fase do "Lote 1 de pavimentos asfálticos" en zona urbana, que forman parte do mantemento de viarios municipais que está levando a cabo a concellaría de Barrios e Obras, en colaboración cos departamentos de Urbanismo e de Tráfico. Segundo explicou o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, actuarase sobre catro viais que suman 1.400 metros cadrados; cun investimento de 60.000 euros; o que da un custe de 42,85 euros por metro cadrado.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Arranca o XIX Feito A Man con nove actuacións a primeira semana de festival

09/08/2022

Este ano participan no Feito a Man 16 locais da Asociación Cultural Cidade Vella, promotora deste festival que chega á súa XIX edición co lema "no calor das rúas". O Intre, Udra, Degüello, Michelle Alany and Zirzuvi, Pedro Pastor y los locos descalzos, Sound Sisters, Pauliña e David Regueiro Trio e Alexandre Cavalieri actuarán esta semana.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Unha sentenza declara ilegal o uso turístico dunha vivienda do casco histórico que non conta con autorización municipal

08/08/2022

A Xunta de Goberno celebrada esta mañá deu conta da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza Galicia (TSXG) número 169/2022 do 8 de abril, pola que se estima o recurso de apelación interposto polo Concello de Santiago, declarándose ilegal e ilegalizable unha vivenda de uso turístico situada na cidade histórica e ordenando, ademais, o seu peche baixo apercibimento de execución forzosa.

Ler máis

EMPREGO

O próximo 19 de setembro comeza o obradoiro Innobosque, que formará a 20 persoas desempregadas

07/08/2022

O próximo 19 de setembro comezará a desenvolverse o proxecto "Obradoiro de Emprego Innobosque", que dará emprego, durante 12 meses, a 20 persoas desempregadas da cidade maiores de 18 anos. Dez delas formaranse na especialidade de "Repoboación forestal e tratamentos silvícolas" e as outras dez, en "Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos" e en "Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web".

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello de Santiago e Cruz Vermella asinan dous convenios para o desenvolvemento do SEMUS, e dos programas de teleasistencia e atención a persoas sen fogar

05/08/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e o presidente de Cruz Vermella Santiago, José Luís Barreiro Conde, asinaron hoxe dous convenios de colaboración para o desenvolvemento, durante o ano 2022, do SEMUS, o Servizo Municipal de Urxencias Sociais, e dos programas de teleasistencia e atención a persoas sen fogar, por un importe total de 185.000 euros.

Ler máis

EDUCACIÓN

O Concello de Santiago abre o prazo de inscrición no servizo de comedor e madrugadores

05/08/2022

O Concello de Santiago informa que xa está aberto o prazo para inscribirse no servizo de comedor e/ou madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso escolar 2022-2023. Divídese en dúas modalidades: as novas incorporacións, que teñen de prazo ata o día 29 de agosto (incluído) para formalizar a inscrición; e as familias que durante o curso pasado fixeron uso do servizo, que quedan incorporadas automaticamente.

Ler máis
Compartir: