TURISMO

A Xunta de Confrarías co apoio do Concello presenta a programación da Semana Santa, que recupera as procesións e unha ampla actividade relixiosa e cultural

25/02/2022

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte e o presidente da Xunta de Confrarías, José Ramón Muñiz presentaron esta mañá en rolda de prensa a programación da Semana Santa 2022. Haberá un total de 15 procesións, ás que se suma o exercicio do Santo Vía Crucis e unha histórica procesión de traslado. O pregón terá lugar unha semana antes do inicio dos desfiles procesionais e a persoa elixida para esta edición será a periodista compostelá Paula Pájaro.

Ler máis

FESTAS

O Entroido compostelán arranca esta fin de semana co tradicional desfile do Meco

25/02/2022

Tras un ano de interrupción por mor da pandemia, iniciase mañá unha nova edición das festas do Entroido, cunha volta case total das actividades ás rúas. Como punto de partida do programa deste ano, o Meco subirá ao Pazo de Bendaña mañá sábado para presidir unha celebración que se prolongará ata o mércores 2 de marzo, cando o boneco será queimado na praza Roxa. Por contra, o tradicional desfile da tarde do martes de Entroido queda suspendido a consecuencia dos efectos da sexta vaga.

Ler máis

MOBILIDADE

O alcalde de Santiago, satisfeito coa resolución provisional das axudas Next Generation para a plataforma loxística de mercadorías

25/02/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosouse hoxe satisfeito coa "Resolución provisional de concesión das axudas do programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformacion dixital e sostible do transporte urbano", no que está incluída a "Plataforma loxística de distribución de mercadorías de Santiago de Compostela". O importe da axuda é de 3.913.920 euros, a mesma cantidade que se solicitara por parte do Concello.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local aproba a licitación do Servizo da oficina técnica do proxecto Smartiago

24/02/2022

A Xunta de Goberno local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou hoxe a licitación do "Servizo de oficina técnica do proxecto Smartiago" e acordou abrir o procedemento de adxudicación correspondente, establecendo un tipo de licitación de 132.439,19 euros, IVE engadido.

O proxecto Smartiago é xa un caso exitoso de Compra Pública de Innovación, que supón o establecemento das bases para a construción dunha cidade intelixente sobre os criterios de eficiencia, adaptabilidade e replicabilidade.

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e a Universidade de Salamanca organizan o Seminario "A xestión das Cidades Patrimonio Mundial"

24/02/2022

"Resiliencia e sustentabilidade" son os dous grandes retos que se abordarán nas xornadas do 10 e 11 de marzo, organizadas polo GCPHE en colaboración co Máster en Avaliación e Xestión do Patrimonio Cultural da USAL, o Ministerio de Cultura e Deporte e o concello de Salamanca. No Seminario tamén participarán expertos en cada unha das temáticas, contando coa presenza de técnicos especialistas do Concello de Santiago e da USC.

Ler máis

MOBILIDADE

A plataforma loxística de distribución de mercadorías, incluída na resolución provisional das axudas a municipios do Ministerio de Transportes procedentes dos Fondos Next Generation EU

24/02/2022

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, publicou a "Resolución provisional de concesión das axudas do programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformacion dixital e sostible do transporte urbano", no que está incluída a "Plataforma loxística de distribución de mercadorías no casco histórico de Santiago de Compostela", cun importe total a otorgar de 3.913.920 euros, a mesma cantidade que se solicitara por parte do Concello.

Ler máis

EDUCACIÓN

Homenaxe do alumnado da Escola Municipal de Música de Santiago a Rosalía de Castro

24/02/2022

Unhas 80 persoas, entre alumnado e profesorado, participaron esta tarde na homenaxe a Rosalía de Castro que tivo lugar ante o monumento que a recorda, na Alameda de Compostela. Os alumnos e alumnas de gaita e percusión da escola, xunto co Coro Xuvenil, e os alumnos e alumnas de Música e Movemento, interpretaron, ante o conxunto escultórico, a "Alborada".

Ler máis
Compartir: