CENTROSO SOCIOCULTURAIS

Entrega dos premios aos gañadores do concurso "Disfraces na Rede"

23/02/2021

O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, entregou esta tarde os premios do concurso de "Disfraces na Rede". Na categoría infantil o primeiro premio foi para unha xenerala do Ulla e na modalidade familiar, para a familia Aladín. Cadanseu recibiu un xogo para gozar en familia e un lápiz de memoria.

Ler máis

COMERCIO

Nova xuntanza coas asociacións de comerciantes para sentar as bases da terceira convocatoria de axudas ao sector

23/02/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse esta mañá de novo, tralo encontro celebrado o pasado 9 de febreiro, coas asociación de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede, Fundación Santiago Centro, e Ourives de Compostela, co obxectivo de pechar as bases do terceiro plan de reactivación económica para os sectores que máis de cerca están padecendo as consecuencias das medidas restritivas ditadas para frear a pandemia, neste caso o comercial.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Preséntase o número cinco da revista de estudos rosalianos Follas Novas, que publica unha carta inédita de Murguía á escritora

23/02/2021

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, presentaron hoxe o número cinco da revista "Follas Novas. Revista de estudos rosalianos", unha publicación que destaca, segundo Angueira, "polo seu rigor científico", e tamén polo seu carácter investigador e divulgativo, e porque, en opinión de Mercedes Rosón, difunde un contido cultural "que sintetiza esa homenaxe" á escritora, á súa obra e "ao que...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde valora de xeito positivo o descenso de contaxios por COVID en Santiago e espera que a tendencia se manteña

22/02/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, valora moi positivamente a evolución dos contaxios por COVID no concello, e espera que a tendencia descendente se manteña. O número de casos activos, segundo éxplicou o rexedor, é hoxe, de 195; e a incidencia acumulada a 14 días baixa ata os 157 casos. "Isto quere dicir", engadiu, "que desde o 27 de xaneiro, cando se acadou un maior número de contaxiados, a reducción é aproximadamente dun 75%".

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba o procedemento de reserva de praza nas escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío

22/02/2021

A Xunta de Goberno Local aprobou os procedementos de reserva, admisión e matrícula nas Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e de Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2021-2022. O prazo de presentación das solicitudes para reserva de praza e traslado do alumnado actual, establécese entre os días 1 e 10 de marzo; e o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso será do 16 de marzo ao 16 de abril de 2021.

Ler máis

ALCALDÍA

Suspéndese o mercado de Fontiñas de mañá sábado por mor da alerta por choiva e fortes ventos

19/02/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou hoxe un decreto polo que se suspende o mercado de Fontiñas, que estaba previsto celebrar mañá sábado, día 20 de febreiro, na rúa París. A decisión tómase, segundo explicou en rolda de prensa, ante a alerta da Xunta de Galicia de fortes choivas, de 80 litros por metro cadrado e ventos con refachos de 100 quilómetros hora.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Preséntase o libro "Espazos de Rosalía en Compostela", que documenta con texto e fotos os recunchos da cidade vinculados á escritora

18/02/2021

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou o libro "Espazos de Rosalía en Compostela. Un paseo por Santiago con Rosalía de Castro", acompañada da autora do texto, Mercedes Espiño. A publicación, da que se editarán mil exemplares, ve a luz grazas á colaboración entre o Concello e a Agrupación Cultural O Galo. Preséntase en febreiro, o mes de Rosalía, co obxectivo de coñecer, difundir e visibilizar a relación que a poeta mantivo coa cidade.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Xuntanza coa Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual de Santiago

18/02/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reuníronse esta mañá no Pazo de Raxoi cos representantes da Asociación ASPAS para abordar os asuntos que afectan á entidade. Por parte de asociación asistiron á xuntanza a súa presidenta, María Encarnación Montero Luces, e o xerente, Javier García Sánchez.

Ler máis
Compartir: