CONSORCIO

Paquito D´Rivera, lenda viva do jazz latino, toca esta semana coa Real Filharmonía

26/02/2018

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar o xoves 1 de marzo, en Santiago, no Auditorio de Galicia ás 20:30 horas. O venres, a orquestra desprazarase ao Teatro Colón da Coruña, onde tocará tamén ás 20:30 horas. A batuta levaraa o mestre e clarinetista valenciano Vicent Alberola, que ademais interpretará unha obra ao clarinete xunto a Paquito D´Rivera.

Ler máis

DEPORTE

Entregados os premios do VI Circuíto CorreSan de Carreiras Saudables

26/02/2018

O Auditorio de Galicia acolleu esta tarde a sexta gala de premios do Circuíto de Carreiras Saudables Corresan, que contou coa presenza do alcalde de Santiago, Martiño Noriega; da concelleira de Deporte, Noa Morales, e do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos. O evento estivo conducido polo locutor Pablo Ríos.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local inicia o procedemento para revogar a licenza da planta de Miramontes

23/02/2018

A Xunta de Goberno acordou hoxe incoar o procedemento de revogación de licenza de obras concedida para a construción da planta de tecnosolos de Miramontes, ao estimar que non se manteñen as condicións que motivaron a concesión dese permiso. A empresa responsable terá un prazo de 15 días para presentar as alegacións que considere oportunas.

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

Presentadas as Bases do Plan de Xestión da Cidade Histórica de Santiago

23/02/2018

A Concellaría de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade abrirá no mes de marzo o proceso participativo vinculado á elaboración do Plan de Xestión da Cidade Histórica, despois de que foran presentadas as súas bases na reunión da comisión de seguimento do Plan Especial. Na mesma reunión, celebrada este venres, tamén se presentou o documento de avance para a avaliación ambiental do Plan Especial.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Adxudicadas as obras da avenida de Vilagarcía

23/02/2018

A Xunta de Goberno adxudicou hoxe as obras da avenida de Vilagarcía, nas que se van investir 340.000 euros. Ademais, na reunión de hoxe acordouse a apertura do procedemento de licitación do proxecto de mellora da accesibilidade na rúa Triacastela. Este proxecto ten un orzamento de medio millón de euros.

Ler máis

CONSORCIO

O recoñecido pianista francés Alexandre Kantorow, de tan só 20 anos, toca esta semana coa Real Filharmonía

22/02/2018

A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar hoxe xoves no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas, dentro da tempada de música clásica da Sociedade Filharmónica de Vigo e Afundación. E mañá venres, a orquestra tocará na súa sede, o Auditorio de Galicia, tamén ás 20:30 horas, no marco da súa tempada de abono. O mestre Jonathan Webb, principal director convidado da RFG, levará a batuta de ambos os dous concertos.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio destinará 150.000 euros ao programa "Ter é manter", que fomentará o pintado das fachadas dos inmobles da cidade histórica

22/02/2018

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Na xuntanza deuse conta da aprobación da orde de axudas do programa "Ter é manter", dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica de Santiago, por un importe global de 150.000 euros.

Ler máis
Compartir: