PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello lanza un servizo de consultoría non presencial para apoiar ao pequeno comercio na preparación da volta á actividade económica

25/04/2020

O Concello de Santiago, a través do seu Servizo de Apoio á Empresa pon en marcha un servizo de consultoría para apoiar ao pequeno comercio na preparación da volta á actividade económica. Ofrécense 15 prazas para a elaboración de plans de reactivación económica personalizados. As inscricións poden realizarse na web do CERSIA Empresa ata o 2 de maio ás 13:00 horas.

Ler máis

ALCALDÍA

As medidas municipais fronte ao coronavirus supoñen 100.000 euros de gasto extraordinario semanal

24/04/2020

O Concello de Santiago celebra esta tarde un pleno extraordinario, mediante medios telemáticos, no que se debaterá a aprobación dunha modificación de dúas ordenanzas fiscais –a 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e outros ingresos de dereito público e da 3.24 da taxa pola utilización privativa e o aproveitamento especial do dominio público local- e da proposta de modificación das Bases de Execución do Orzamento Municipal do exercicio 2020. Basicamente, a primeira destas...

Ler máis

PLENO

A Corporación aproba a modificación do calendario fiscal e a xestión dos anticipos de caixa fixa

24/04/2020

O Concello de Santiago celebrou este venres un pleno extraordinario, no que se aprobou unha proposta de modificación das ordenanzas fiscais e outra de modificación das bases de execución do orzamento municipal do exercicio 2020. A primeira destas modificacións habilitará á Xunta de Goberno Local para modificar o calendario fiscal, e a segunda, de xestión dos anticipos de caixa fixa, permitirá pagar e xustificar ese pago "a posteriori".

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello distribúe máis de 250 libros entre as persoas usuarias do Seminario Menor e da Cociña Económica

23/04/2020

A Concellaría de Políticas Sociais vén de distribuír hoxe 60 libros entre as persoas albergadas no Seminario Menor, e outros 200 entre as persoas ususarias da Cociña Económica. Trátase dunha doazón realizada polo propietario da libraría Gallaecia, Manolo Salvado, con motivo do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, que se celebra hoxe.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS E MOCIDADE

Os departamentos de CSC e Mocidade traballan na impresión 3D de LU-Touch, un dispositivo que minimiza o contaxio por COVID-19

23/04/2020

O Concello de Santiago de Compostela, a través dos departamentos de Centros Socioculturais e de Mocidade, está fabricando, mediante impresión en 3D, un dispositivo denominado LU-Touch, co que se pretende reducir ao mínimo a posibilidade de contaxios de COVID-19 por contactos indirectos. As primeiras unidades estanse repartindo entre o persoal de limpeza e os uxieres. O obxectivo é, conforme se vaian imprimindo, distribuilos entre o resto de traballadoras e traballadores municipais.

Ler máis

ALCALDÍA

Con motivo do Día Mundial do Libro, o Goberno local lembra que a lectura favorece a aprendizaxe, potencia a memoria e esperta a imaxinación

22/04/2020

Con motivo do "Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor", que se celebra mañá xoves, 23 de abril, o Concello de Santiago de Compostela quere lembrar á cidadanía a importancia da lectura tanto a nivel de aprendizaxe, de adquisición de coñecementos; como a nivel emocional e a nivel de entretemento. O Goberno municipal recorda que, entre outros aspectos, ler mellora a expresión oral, aumenta a nosa comprensión e a nosa capacidade comunicativa, potencia a memoria, esperta a imaxinación e mantennos informados. Por...

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

A Concellaría de Políticas Lingüísticas reprograma as actividades do Espazo Apego que quedaron suspendidas polo confinamento

22/04/2020

A Concellaría de Políticas Lingüísticas está a traballar para que durante o verán e nos meses seguintes se poidan retomar e recuperar todas as convocatorias das actividades que tiveron que ser suspendidas durante marzo e abril. A oferta para estes meses no Espazo Apego, situado no local municipal da rúa da República do Salvador, 12, abranguía diferentes contidos relacionados coa transmisión interxeracional da lingua, o apoio a persoas procedentes doutras comunidades e a promoción social no ámbito...

Ler máis
Compartir: