IGUALDADE E MEDIO RURAL

O Concello organiza andainas para as mulleres do rural e a exposición "As que fomos"

26/04/2019

Tras a celebración dos obradoiros de empoderamento das mulleres do rural postos en marcha nos últimos meses, as parroquias de Compostela volven ser o epicentro da igualdade con dúas accións máis organizadas polos departamentos que dirixen Marta Lois e Rafael Peña. As accións foron presentadas hoxe por ambos edís, acompañados de varias mulleres que participarán nas mesmas, así como da técnica de Centros Cívicos do rural, María Pose, e da encargada das actividades, Cruz Dafonte.

Ler máis

ALCALDÍA

Unha ducia de expositores na 38 edición da Feira do Libro de Santiago

26/04/2019

Do 28 de abril ao 5 de maio, o paseo central da Alameda acollerá unha nova edición da Feira do Libro de Santiago, xa a número 38. Desta vez, haberá unha ducia de expositores e están previstas numerosas actividades paralelas. O alcalde, Martiño Noriega, presentou a nova edición da Feira do Libro, acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e Dolores Puerta, da Federación de Librarías de Galicia.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Clausura este sábado da XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura

26/04/2019

Este sábado, ás 12:00 horas, o Centro Abanca Obras Social, na praza de Cervantes, acolle a clausura da XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura. Será cunha sesión aberta e de balde ata completar aforo na que haberá contos música e outras sorpresas, ademais do concerto do alumnado da Escola Municipal de Música.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Máis de 300 escolares participan no XXIV Certame de Teatro Intercentros

25/04/2019

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou hoxe o XXIV Certame de Teatro Intercentros, que un ano máis se celebrará no Teatro Principal entre o 29 de abril e o 22 de maio. Na rolda estivo acompañado polos dous mestres encargados da organización do certame, Sagrario Torrado e Daniel Baamonde, e tamén por varios alumnos e alumnas que participan como Catalina Figueroa e Aitana Suárez, do Xelmirez I; Elena Fornias, Candela Campos e Xesús Mosqueira, do CEIP de Roxos.

Ler máis

CONSORCIO

O violoncellista canario Ángel Luis Quintana formará neste instrumento a músicos/as noveis galegos/as

25/04/2019

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos/as. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana, o violoncellista canario Ángel Luis Quintana formará neste instrumento tanto aos/ás estudantes da Escola como a alumnos/as externos/as interesados/as en perfeccionar a súa interpretación con este instrumento.

Ler máis
Compartir: