ALCALDÍA

O Concello aliña as políticas públicas municipais cos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030

28/07/2020

O Concello de Santiago lanzou este martes a nova páxina web compostela2030.gal, coa finalidade de enmarcar todas as políticas públicas municipais aliñadas coa Axenda 2030 da ONU para o desenvolvemento sostible nun portal común e accesible para toda a cidadanía. A web inclúe un vídeo explicativo que introduce ao visitante en como se está a desenvolver a Axenda 2030 na cidade.

Ler máis

FESTAS

Santiago e Padrón renovan a súa irmandade un Apóstolo máis

28/07/2020

As festas do Apóstolo celebraron este martes o tradicional Día de Padrón en Santiago, no que as dúas vilas reforzan os seus fortes lazos de irmandade. Así sucede tamén, á inversa, na Pascua padronesa, se ben este ano non se puido realizar este encontro por coincidir co confinamento e o estado de alarma.

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

O Territorio Xogantín ponse en marcha o luns 3 de agosto

28/07/2020

Un ano máis, a Concellaría de Políticas Lingüísticas propón tomar as rúas, as prazas e os parques para enredar libremente no Territorio Xogantín que ofrece Santiago de Compostela. O vindeiro 3 de agosto volverase xuntar un grupiño de nenas e nenos de 6 a 10 anos coas monitoras de Xandobela dende as 11:30 ás 13.:30 h, de luns a venres, na praza do 8 de Marzo, para facer súa a rúa.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Festival C enche de programación cultural o mes de agosto

27/07/2020

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou esta mañá a programación cultural do mes de agosto, acompañada por Xosé Lois Penas, deputado provincial da Deputación da Coruña, e Xaquín López, director-xerente do Auditorio de Galicia. O Festival C reúne arredor de medio cento de actividades de música, circo, poesía e artes escénicas e visuais en diferentes espazos da cidade.

Ler máis

ALCALDÍA

Unha mostra na Alameda resalta a mestría e oficio do arquitecto Domingo de Andrade, persoeiro das artes galegas en 2020 e 2021

27/07/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asistiron na Alameda á inauguración da exposición Domingo de Andrade: xenio e oficio, organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Son 24 paneis que mostran a traxectoria do mestre galego por diferentes localidades galegas.

Ler máis

ALCALDÍA

Bando do alcalde con motivo do 25 de xullo

25/07/2020

Este é, sen dúbida, un Día de Galicia e un Apóstolo completamente distinto aos anteriores. A covid-19 coouse nas nosas vidas de forma abrupta e dolorosa e todos e todas sufrimos as súas consecuencias en maior ou menor medida. Quen máis, as persoas que perderon algún ser querido. Vaia para elas o noso máis sentido pésame e a máis agarimosa das apertas.

Ler máis

ALCALDÍA

Recepción en Raxoi aos Reis, que asinaron no Libro de Honra da cidade

25/07/2020

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e boa parte da Corporación asistiron aos actos con motivo da Ofrenda ao Apóstolo Santiago, que este ano realizou o Rei Felipe VI. Logo, o monarca e a súa dona, a Raíña Letizia, foron recibidos no Pazo de Raxoi, onde asinaron no Libro de Honra da cidade.

Ler máis
Compartir: