XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno dá luz verde a seis expedientes de contratación por un importe global de máis de 700.000 euros

23/08/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta en rolda de prensa dos asuntos máis destacados da reunión ordinaria da Xunta de Goberno, entre os que salientan a aprobación do inicio dos expedientes de contratación de diversos proxectos e obras. O relativo ao acondicionamento exterior da Rocha Forte é o máis cuantioso, pero entre todos eles chegan á cifra de 708.829,43 euros. Nesta sesión tamén se tomou coñecemento da desestimación dun recursos interposto contra a adxudicación do contrato...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A sexta edición do ciclo "De Lugares e Órganos" celebra no Festival C a riqueza organística de Compostela

18/08/2021

Do 24 de agosto ao 3 de setembro Compostela renovará a súa xa tradicional cita con De Lugares e Órganos, un programa musical que procura dar a coñecer o patrimonio organístico da nosa cidade. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e a directora do ciclo, Belén Bermejo, presentaron hoxe na Casa do Concello o programa de actividades desta sexta edición que se integra no Festival C e que busca, un ano máis, recuperar para a cidadanía a memoria, o presente e o futuro destes instrumentos e das súas...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a lista definitiva de autorizacións de venda ambulante de artesanía para o ano 2021

17/08/2021

A alcaldesa en funcións, Mercedes Rosón, deu conta en rolda de prensa dos asuntos aprobados na reunión ordinaria da Xunta de Goberno local, entre os que salienta a aprobación da listaxe definitiva de autorizacións de venda ambulante de artesanía para este ano e o inicio do expediente de contratación da diagnose, reparacións urxente e plan de mantemento de muros tradicionais.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Danza, literatura, música, circo e cinema na terceira semana do Festival C

13/08/2021

O Festival C alcanza o seu ecuador e proponnos unha nova semana de actividades para gozar do tempo de lecer. O luns 16, ás 20.00 horas, o cemiterio do parque de Bonaval servirá de escenario á representación dunha das últimas creacións da compañía de danza contemporánea LASALA. Fight explora a relación do ser humano coa loita, presente desde o inicio dos tempos. Un elemento que a compañía abraza como fundamental na vida en xeral e na danza en particular.

Ler máis

ANO SANTO

Preséntase, no Pazo de Raxoi, a campaña #NonCamiñesSoia, dirixida a reforzar a protección das mulleres que fan o Camiño de Santiago

13/08/2021

O Pazo de Raxoi e a Praza do Obradoiro acolleron hoxe a presentación da campaña #NonCamiñasSoia, que implica ás delegacións do Goberno de Aragón, Navarra, A Rioxa, Castela e León e Galicia. Presentouna José Miñones, delegado do Goberno en Galicia, quen explicou que 1.200 puntos do Camiño de Santiagona nosa comunidade contarán con recursos para previr calquera tipo de violencia contra as peregrinas.

Ler máis

MEDIO RURAL

Aberto o prazo de presentación de ofertas para a mellora do vial entre San Andrés de Barciela e o cruce de Candelabeira; e a ampliación da rede de abastecemento a Piñeiro, Frades e Gunín

13/08/2021

Ata o 6 de setembro está aberto o prazo de presentación de ofertas no proceso de licitación das obras de mellora da vía que vai desde a igrexa de San Andrés de Barciela ata o cruce da Candelabeira; e de ampliación da rede de abastecemento de auga a Piñeiro, Frades e Gunín, na parroquia de Enfesta. As dúas actuacións están promovidas pola concellaría de Medio Rural, que dirixe José Manuel Pichel, en coordinación coa Deputación da Coruña, dentro do Plan Único de Concellos...

Ler máis

ANO SANTO

Recepción a unha representación da Fundación Canaria Pequeño Valiente, que peregrinaron a través do Camiño Portugués para concienciar sobre o cancro infantil

13/08/2021

O alcalde en funcións e delegado do Ano Santo 2021, Sindo Guinarte, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, recibiron hoxe a tres representantes da Fundación Canaria Pequeño Valiente, que realizaron o Camiño de Santiago Portugués en bicicleta desde Lisboa, co obxectivo de divulgar o labor da entidade, informar sobre a situación do cancro infantil, e concienciar do esforzo que supón o traballo diario para as familias dos menores que padecen esta doenza.

Ler máis
Compartir: