CONSORCIO

O Consorcio de Santiago saca axudas destinadas á adecuación dos locais comerciais da cidade histórica como apoio á recuperación económica trala COVID-19 por valor de 120.000 €

26/08/2020

O Consorcio de Santiago vai destinar 120.000 euros á adecuación dos locais comerciais da cidade histórica compostelá como apoio á recuperación económica trala COVID-19. Os interesados en beneficiarse desta convocatoria de axudas deberán presentar as solicitudes e a documentación requirida no rexistro do Consorcio, situado no número 59 da Rúa do Vilar, ou en calquera outro rexistro. O prazo remata o vindeiro 28 de setembro.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello aproba convenios con entidades sociais por máis de 200.000 euros

24/08/2020

A Xunta de Goberno local, presidida polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu o visto bo á sinatura dos convenios con Cáritas, ASPAS, a Cociña Económica e a Fundación Secretariado Xitano por valor de 209.000 euros, entre outros asuntos, como a convalidación de gastos ou a solicitude dunha subvención para a biblioteca José Saramago.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello de Santiago lembra a figura e o legado de Isaac Díaz Pardo na celebración dos cen anos do seu nacemento

21/08/2020

A alcaldesa en funcións, Mercedes Rosón, destaca a figura de Isaac Díaz Pardo cando se cumpren cen anos do seu nacemento (o 22 de agosto de 1920). Segundo a concelleira de Acción Cultural, "a súa idea de país abarcábao todo, dende a parte política, ata a cultura, industria, educación ou lingua. Soubo, como ninguén, describir e por en valor o espírito da galeguidade herdado das Irmandades da Fala". Engade que durante toda a súa vida, "mantivo acesa e compartiu a luz da liberdade", para que...

Ler máis

TURISMO

Máis de 400 turistas participaron xa nas visitas guiadas do programa Santiago Prémiate

19/08/2020

Santiago Prémiate, froito da colaboración entre Turismo de Santiago e a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia, permite que as persoas que visitan Santiago poidan recibir como agasallo visitas guiadas pola cidade, cun prezo de venda ao público de 12 euros por persoa. A única condición para poder acceder a esta promoción é pasar un mínimo de tres noites nun hotel ou pensión da cidade.

Ler máis

ALCALDÍA

Un ano máis honrando a memoria de Ánxel Casal

19/08/2020

A alcaldesa en funcións, Mercedes Rosón, participou este mércores na ofrenda floral a Ánxel Casal realizada polos concellos de Santiago e Teo con motivo do 84 aniversario do seu asasinato. Finalmente, os actos de homenaxe previstos tiveron que ser adiados por mor do mal tempo.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A MICE celebra a súa 15ª edición do 25 ao 29 de agosto cun formato que combina actividades presenciais e online

17/08/2020

O 25 ao 29 de agosto celebrarase a 15ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que contará cun formato mixto no que se combinarán as actividades online e presenciais. A Sección Oficial desta edición está composta por quince filmes, nos que destaca a presenza de obras europeas e asiáticas que pasaron por festivais como a Visions du Réel ou DocLisboa. Dez destes filmes terán na MICE a súa estrea española.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Novas tarifas para os estacionamentos de Belvís, Xoán XXIII e Salgueiriños

17/08/2020

A Xunta de Goberno Local, na súa reunión ordinaria deste luns aprobou a revisión de tarifas dos aparcadoiros municipais xestionados pola empresa municipal TUSSA. Acordáronse subas nos prezos dos aparcadoiros de Belvís, Xoán XXIII e Salgueiriños, motivados polo incremento dos custos de persoal e dos gastos de explotación.

Ler máis
Compartir: