ALCALDÍA

O concelleiro Rubén Prol asume as competencias en Educación

25/09/2020

O alcalde de Santiago deu conta en rolda de prensa dos cambios no goberno a raíz da toma de posesión, onte, de Rubén Prol coma concelleiro. Encargarase das antigas carteiras de Noa Díaz a excepción de Igualdade, cuxo responsable político se coñecerá nos vindeiras días.

Ler máis

ALCALDÍA

Retómanse as xuntanzas da Comisión de Ourives

25/09/2020

Retómanse as xuntanzas da Comisión de seguimento do Plan Estratéxico de Ourives de Compostela, constituída o pasado 17 de febreiro para pór en valor este traballo artesanal no que Santiago é unha referencia, tralo parón imposto pola COVID.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Curtocircuíto 2020: unha edición chea de retos

24/09/2020

O festival, que anunciou recentemente as 35 películas da súa Sección Oficial, pecha agora a súa programación presencial que reunirá o máis destacado do cinema actual a través dunha rica programación que non só exhibirá películas -tanto de forma presencial como a través de Filmin, sede online do festival-, senón que tamén ofrecerá concertos ou performances A/V.

Ler máis

PLENO

Aprobada unha moción conxunta dos catro grupos muncipais para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo

24/09/2020

En virtude da mesma, o Concello instará ás diferentes administración implicadas a abrir un novo procedemento xudicial para reclamarlle á familia Franco as esculturas de Abraham e Isaac. Tamén houbo unanimidade á hora de apoiar a proposición de non amparar a instalación dun vertedoiro no lugar de Corexo, na parroquia de Marrozos. Neste mesmo pleno tomou posesión coma concelleiro Rubén Prol.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago e a Asociación de Guías celebran o día do Turismo con visitas guiadas á cidade

24/09/2020

Turismo de Santiago e a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia celebran o día Mundial do Turismo, dedicado este ano ao "Turismo e Desenvolvemento Rural", coa organización de visitas guiadas á cidade durante esta fin de semana. Esta acción desenvólvese dentro do programa Santiago Prémiate que ambas entidades crearon co obxecto de ampliar a estadía media na cidade.

Ler máis

TURISMO

Santiago foi o segundo destino máis popular neste verán para os turistas españois

23/09/2020

Santiago foi o segundo destino máis reservado en Civitatis polos turistas españois neste verán, segundo os datos desta plataforma líder na distribución en liña de actividades, excursións e visitas guiadas, tal como destacou o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte. O concelleiro valorou os datos do pasado verán na cidade nunha rolda de prensa na que estivo acompañado pola xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil.

Ler máis

IGUALDADE

Este xoves remata o programa Artellando Feminismo coa proxección da longamentraxe "El proxeneta" e un posterior coloquio coa súa directora, Mabel Lozano

23/09/2020

A proxección da longametraxe "El proxeneta" pon punto final ao programa Artellando Feminismo, no que, a través de oito xornadas on-line, se visibilizaron as desigualdades entre homes e mulleres, os estereotipos aínda presentes, e se proporcionaron ferramentas prácticas ás persoas asistentes que lles permitirán implicarse de xeito activo na transformación social, fomentando a toma de conciencia na igualdade de dereitos e oportunidades. Despois do filme, está programado un coloquio coa súa directora, Mabel Lozano. A...

Ler máis
Compartir: