ALCALDÍA

Concello e hostaleiros avanzan na creación dunha mesa para o diálogo co sector

29/11/2023

Na reunión confirmouse a adhesión dos hostaleiros á campaña municipal 'Fala Baixiño' e a vontade conxunta das dúas partes para a creación dunha mesa que sirva de "canle formal, estábel e de diálogo entre o Concello e as asociacións de hostalaría", como indicou a alcaldesa. Participaron na xuntanza a rexedora de Santiago, Goretti Sanmartín; os/as concelleiros/as María Rozas, Míriam Louzao e Iago Lestegás; e os/as representantes das principais asociacións de...

Ler máis

DEPORTES

Preto de 250 deportistas participarán este sábado no Open Promesas Mireia Belmonte

29/11/2023

A piscina de Santa Isabel acollerá este sábado 2 de decembro o 'Open Promesas Mireia Belmonte by Hyundai' no que participarán 246 nadadores e nadadoras de 18 clubs de Galicia e de fóra de Galicia. A competición presentouse esta mañá no Pazo de Raxoi da man da concelleira de Deportes, Pilar Luiero, e o presidente do Club de Natación Ciudad de Santiago, José Rioseco.

Ler máis

CONVIVENCIA

Membros de Protección Civil das Illas Canarias impartirán unha charla sobre a xestión e os efectos da erupción volcánica na Illa da Palma

29/11/2023

O concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, e varios membros da Corporación municipal recibiron esta mañá aos responsables de Protección Civil de Llanos de Ariane, Santa Cruz de Tenerife e de Tegueste que se atopan en Santiago para dar unha charla sobre a xestión da emerxencia volcánica na Illa da Palma en 2021. Esta conversa terá lugar mañá xoves, 20 de decembro, no edificio CERSIA e está aberta a todas as persoas interesadas.

Ler máis

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

Constituído o Consello Municipal de Cooperación e Solidariedade

28/11/2023

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presidiu onte a xuntanza na que quedou constituído o Consello Municipal de Cooperación e Solidariedade. O Consello, que non se reunía desde 2019, é un órgano consultivo de participación cidadá para a análise, asesoramento e seguimento das accións en materia de cooperación internacional ao desenvolvemento, educación para a cidadanía global e acción humanitaria do Concello de Santiago.

Ler máis

COMERCIO E XUVENTUDE

Son Xove e Son Vermú: a música será protagonista do Nadal na praza Roxa

28/11/2023

Dinamizar o comercio, ofrecer alternativas de ocio á veciñanza, e poñer en valor o talento da mocidade de Compostela. Son os obxectivos das actividades de Nadal organizadas desde a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. A concelleira, María Rozas, explicou que "o Ensanche estará todo o mes de decembro cheo de actividades novidosas, pensadas para todos os públicos, e centralizadas na Praza Roxa, que será un dos puntos neurálxicos das festas".

Ler máis

DEPORTES

O Concello únese ao Plan Dous Millóns do Clúster do Deporte

28/11/2023

A alcaldesa de Santiago asinou un acordo de colaboración co Clúster Galego da Industria do Deporte e do Benestar para formar parte do Movemento Dous Millóns, que busca incentivar a práctica da actividade física entre a cidadanía co reto de chegar aos dous millóns de persoas que fan deporte en Galicia.

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

Vinte cantantes de sete países competirán esta fin de semana polos galardóns do VI Concurso de Canto Compostela Lírica organizado por Amigos da Ópera de Santiago

28/11/2023

Solistas procedentes de España, Chile, China, Letonia, México, Italia e Polonia aspiran a facerse co primeiro premio, dotado con 4000 euros, cunha actuación remunerada coa Real Filharmonía, un recital remunerado no marco do Festival Les Musicales du Luberon e un rol na temporada da Ópera de Oviedo. O Auditorio de Galicia acollerá a semifinal o venres ás 17.00 horas e dela sairán os oito finalistas que actuarán na final do sábado a partir das 20.30 horas. Ambas as dúas citas serán abertas ao público e a...

Ler máis

LINGUA

Os Premios Manuel Beiras chegan á súa XXIV edición "En galego, naturalmente"

28/11/2023

"En galego, naturalmente" é o lema co que se presenta este ano os 'Premios Manuel Beiras ao uso do galego na empresa e o comercio', convocados polo Concello de Santiago e a Cámara de Comercio. O slogan da campaña pretende pór en valor o uso da lingua galega nos establecementos locais como unha maneira de conectar coa clientela e achegar naturalidade e proximidade nun mercado cada vez máis global. O 18 de decembro a partir das 20.00 horas, o Teatro Principal acollerá a gala de entrega de premios ás empresas seleccionadas polo...

Ler máis

FESTAS

Santiago dá a benvida ao Nadal este venres co acendido das luces e un amplo programa de actividades baixo a marca "Compostela, a estrela do Nadal"

27/11/2023

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, avanzaron esta mañá o programa das Festas de Nadal que este ano se presenta baixo a marca "Compostela, a estrela do Nadal", inspirada na simbólica estrela de oito puntas de Santiago. Este novo programa aglutina un amplo abano de actividades para todo os públicos e de diferentes barrios e parroquias baixo unha mesma marca co fin de converter estas festas "nas terceiras de entidade da cidade", tras o Apóstolo e a Ascensión.

Ler máis
Compartir: