IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller falecida en Girona o pasado 10 de xuño, vítima de violencia de xénero.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto do Centro Sociocultural e de Maiores do Ensanche
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto básico e de execución das obras de acondicionamento do futuro Centro Sociocultural e de Maiores do Ensanche, que estará situado na antiga sede da Seguridade Social en San Pedro de Mezonzo. A actuación ten un orzamento dalgo máis dun millón de euros, e estímase un prazo de execución de 10 meses.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá un novo paso cara á protección do mural pintado polo artista galego Urbano Lugrís
A Xunta de Goberno local acordou esta mañá a aprobación provisional da modificación puntual do Catálogo do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) co obxectivo de garantir a protección do mural pintado polo artista galego Urbano Lugrís no edificio situado na rúa do Franco, 56. Deste e doutros asuntos aprobados polo executivo local esta mañá deu conta a voceira do Goberno municipal, Míriam Louzao.
XUNTA DE GOBERNO
Luz verde á convocatoria de axudas a actividades culturais para o sector profesional que inclúe os festivais como novidade
A Xunta de Goberno local aprobou hoxe as bases da convocatoria de axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional 2024 que contará cun orzamento de 250.000 euros e incluirá por primeira vez unha modalidade específica para os festivais de música e de artes escénicas.
PLENO
O Pleno aproba inicialmente o proxecto da Ordenanza que regula a comunicación dos usos de hospedaxe asimilados a vivenda
O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria, deu luz verde esta tarde de forma inicial ao proxecto da Ordenanza que regula a comunicación ao Concello de Santiago de Compostela dos usos de hospedaxe asimilados a vivenda cos votos a favor do grupo de goberno (BNG e CA) e do grupo socialista e o voto en contra do grupo popular.