DEPORTES

Aberto o prazo de inscrición para a VIII edición da carreira nocturna SantYaGo 10K o vindeiro 27 de abril

12/03/2024

Todas aquelas persoas interesadas poden inscribirse para participar na carreira nocturna SantYaGo 10 K que se celebrará o sábado 27 de abril ás 22:00 horas. Esta carreira nocturna homologada pola Federación Española de Atletismo e que conta coa colaboración do Departamento de Deportes do Concello de Santiago, percorrerá as rúas máis emblemáticas da cidade, con saída en San Francisco e chegada á praza do Obradoiro, con máis do 50% do seu circuíto na súa zona monumental.

Ler máis

MOBILIDADE

O 15 de marzo ábrese o prazo para renovar as tarxetas de acceso á cidade histórica

12/03/2024

A Concellería de Mobilidade e Convivencia abrirá entre o 15 de marzo e o 30 de abril o prazo para a solicitude de renovación das tarxetas de paso e parada na zona monumental da cidade. O prazo de vixencia destes distintivos é de dous anos, polo que todos aqueles concedidos no ano 2022 e anteriores xa caducaron ou caducarán ao longo deste 2024.

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

O Teatro Principal acolle a estrea galega de Manuela Rey is in da house

12/03/2024

O Centro Dramático Galego, o Teatro Nacional Dona Maria II, o Teatro Nacional São João e o Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana coproducen esta obra que recupera para a escena a historia de Manuela Rey, a actriz galega que se converteu na estrela do teatro lisboeta no século XIX. ‘Manuela Rey is in da house’ terá en Compostela tres funcións abertas ao público, o xoves 14, o venres 15 e o sábado 16, que irán precedidas dunha preestrea o mércores 13 dirixida ao estudantado universitario.

Ler máis

LINGUA

Xa hai gañadoras do Enreguéifate 2024!

12/03/2024

Xa se coñecen as regueifas premiadas na sétima edición do certame Enreguéifate, o proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír por medio dela á promoción do uso da lingua galega. Como en edicións anteriores, o certame contou con dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa, e outra escolar, para o alumnado dos centros educativos galegos non universitarios; e cun total de seis...

Ler máis

BOMBEIROS

O Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña manteñen o compromiso co servizo comarcal de bombeiros

12/03/2024

O Concello de Santiago e o consorcio provincial contraincendios e salvamento da Coruña, conformado pola Xunta e a Deputación Provincial manteñen o seu compromiso de colaboración para avanzar na comarcalización do servizo de bombeiros, tal e como se reafirmou nunha xuntanza mantida hoxe entre representantes das administracións implicadas.

Ler máis
Compartir: