XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba as bases da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas e o convenio de colaboración coa SD Compostela

26/06/2023

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases reguladoras da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas e físicas durante a tempada 2023/24. Tamén se deu luz verde aos convenios de colaboración para este ano coa Sociedade Deportiva Compostela, a Federación Gallega de Kárate y D. A. e coa Federación Galega de Judo e Deportes Asociados por un importe total de 76.000 euros.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello e o Consello da Cultura Galega traballarán para converter Santiago "en vangarda e referente cultural"

26/06/2023

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Capital Cultural, Mírima Louzao, mantiveron esta mañá un primeiro encontro institucional coa presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, tras o que anunciaron a vontade de ambas institucións para colaborar en temas como o centenario do Seminario de Estudos Galegos ou o proxecto para impulsar a proxección exterior de Santiago e da cultura galega a través da figura de Rosalía de Castro, "unha prioridade fundamental para o Concello nos próximos meses".

Ler máis
Compartir: