IGUALDADE, TURISMO E COMERCIO

Arranca unha nova edición de Compostela Diversa co fin de dar visibilidade á realidade LGTBI

12/06/2023

Preto de 200 establecementos comerciais, hoteleiros e hostaleiros da cidade participan na campaña de difusión e visualización da realidade LGTBI no marco da iniciativa Compostela Diversa, que ofrece un ano máis amplo programa de actividades lúdicas e de reflexión. Varios puntos da cidade contarán con iluminación e decoración especiais desde 12 de xuño ata o 2 de xullo.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Santiago recibirá 4,5 millóns de euros dos fondos Next Generation para axudas de eficiencia enerxética en vivendas sociais e da cidade histórica

12/06/2023

A Xunta de Goberno tomou coñecemento dos acordos das comisións bilaterais do pasado 11 de maio, relativas á rehabilitación de vivendas en Santiago de Compostela. En concreto, deu conta dos programas de axudas de eficiencia enerxética para vivendas do "Plan de recuperación, transformación e resiliencia 2023-2025" do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, financiado pola Unión Europea con cargo aos fondos Next Generation EU. Estímase que destas axudas poden beneficiarse 288 vivendas duns 70 edificios, entre...

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

Compostela acolle a segunda edición do Cumio Galego contra o Discurso de Odio

12/06/2023

As xornadas, organizadas pola Coordinadora Galega de ONGD, celébranse o 15 e 16 de xuño co apoio do Concello de Santiago a través do proxecto Compostela+Solidaria. Neste Cumio participan profesionais dos colectivos maldita.es, La Intersección e AlgoRace, así como organizacións galegas e activistas do Sur Global.

Ler máis
Compartir: