MEDIO RURAL

A Xunta de Goberno Local ten previsto aprobar este luns o proxecto de pavimentación de Bar de Arriba, Bar de Abaixo e da rúa dos Asidros

11/06/2023

A Xunta de Goberno Local ten previsto aprobar este luns o proxecto construtivo da obra "Pavimentación dos lugares de Bar de Arriba e Bar de Abaixo e Rúa dos Asidros", que conta cun orzamento estimado de 212.718,39 euros. Esta actuación ten por obxecto o acondicionamento dos viarios interiores destes tres núcleos rurais, mediante actuacións de pavimentación e de mellora das redes de abastecemento e de drenaxe asociadas.

Ler máis
Compartir: