MEDIO RURAL

A Xunta de Goberno Local ten previsto aprobar o luns dous proxectos de obras na parroquia de Marrozos, cun investimento de 800.000 euros

10/06/2023

A Xunta de Goberno Local ten previsto aprobar este luns dous proxectos construtivos na parroquia de Marrozos, que contan cun investimento estimado de 805.150 euros. Trátase da primeira fase da "Reforma do viario A Pajuela-Campo da festa de Marrozos"; e da segunda fase de "Ampliación da plataforma do viario entre Cañoteira e Outeiro de Marrozos". Os dous proxectos presentados pola concellaría de Medio Rural, están enmarcados no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.

Ler máis
Compartir: