CENTROS SOCIOCULTURAIS

O CSC Maruxa e Coralia continúa co seu programa de roteiros para redescubrir a cidade histórica

29/03/2023

A concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, acompañada de Guadalupe Rodríguez, técnica da Rede de CSC, presentou esta mañá a programación de roteiros pola cidade histórica que terán lugar nos meses de abril, maio e xuño. Entre as propostas, abertas á toda a cidadanía, ofertanse visitas a prazas emblemáticas, a diferentes museos ou aos pazo e fontes da cidade, así como roteiros temáticos con motivo do Día das Letras Galegas, a noite de San Xoán ou o 30...

Ler máis

MOBILIDADE

O Concello celebra o primeiro dos Encontros Participativos Temáticos para a actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible

29/03/2023

Este primeiro encontro telemático, que terá lugar esta tarde ás 17:00 h, servirá para recoller datos e escoitar á veciñanza en cuestións relacionadas coa mobilidade de peóns, bicibletas e VMP na cidade. Ao longo dos meses de marzo e abril, celebraranse outros tres encontros temáticos no marco do proceso participativo de revisión e actualización do PMUS.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello apoia a creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago de Compostela

29/03/2023

O alcalde e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, reuníronse hoxe con representantes da Plataforma Conservatorio de Danza en Compostela. Durante o encontro, transmitíronlle o apoio "incondicional" do Concello de Santiago á posta en marcha dun conservatorio profesional de danza na cidade e ofreceronse a ceder á Xunta unha parcela de 1000 metros próxima ao Conservatorio Profesional de Música para a súa construción.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Concello de Santiago participa no IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía en Valencia

29/03/2023

Un centenar de representantes públicos de diferentes concellos de España congregáronse na segunda xornada do IV COEP Congress en Valencia, co obxectivo de compartir estratexias e ferramentas innovadoras para lograr a implicación da cidadanía no deseño e creación das políticas públicas. A concelleira de Centro Socioculturais, Mercedes Rosón, representou a Santiago na primeira xornada do evento.

Ler máis
Compartir: