ALCALDÍA
Recepción ao embaixador de Francia en España
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá o embaixador de Francia en España, Jean-Michel Casa, que asinou no Libro de Honra do Concello. No acto tamén estiveron presentes os voceiros municipais dos grupos socialista, popular e do BNG.
ALCALDÍA
O fotoxornalista Emilio Lavandeira, fillo adoptivo de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, fixo entrega esta mañá do título de fillo adoptivo de Santiago á familia do fotoxornalista Emilio Lavandeira Prieto. Ao acto asistiron a súa viúva e os seus fillos, que estiveron arroupados por familiares, amigos, compañeiros de profesión e membros da Corporación.
ALCALDÍA
O Concello e a Deputación investirán 1,3 millóns na rehabilitación integral da Casa da Xuventude, que acollerá dependencias municipais, provinciais e para o uso da veciñanza
O Concello cederá á Deputación o uso do edificio por 25 anos para a súa rehabilitación e transformación nun centro dotacional multiusos que incluirá un coworking da Deputación, oficinas municipais e provinciais e un auditorio de uso compartido que tamén estará á disposición da veciñanza da cidade histórica e de San Pedro.
MEDIO RURAL
O alcalde visita, en Barciela e Cesar, as obras de mellora da contorna e pavimentación de viais
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo visitou as parroquias de Barciela e Cesar, onde se reuniu coa veciñanza. Nestas parroquias leváronse a cabo distintas obras de posta en valor das contornas e mellora de viais, que contaron cun orzamento de execución total de 458.703,98 euros.