ACCIÓN CULTURAL
Compostela acolle unha nova edición do festival Alguén que respira! dedicado á ecopoesía
O Teatro Principal de Compostela acolle entre o 18 e o 21 de marzo a sexta edición do Respira!, o máis importante acontecemento poético de Galicia. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada por Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta e o director do festival, Antón Lopo, presentou esta mañá a programación desta cita xa consolidada do panorama cultural compostelán que abrangue catro días de recitais, música e faladoiro. Toda...
DEPORTES
Máis de 100 judokas daranse cita esta fin de semana no XV Trofeo de Judo Cidade de Santiago
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, acompañada por David Neira, delegado comarcal da Federación Galega de Judo e Xaquín Baldomir do judo club base, presentaron esta mañá en rolda de prensa o XV Trofeo "Cidade de Santiago", que reunirá esta fin de semana en Compostela a 108 judokas de Asturias, Castilla y León, Cantabria y Galicia, pertencente á categoría júnior. O domingo tamén terá lugar a iniciativa XOGAJUDO, para achegar esta disciplina a arredor de 300 cativos e cativas.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Preséntase no Concello de Santiago o IV Congreso Nacional Interim Management que terá lugar este venres no Pazo de Congresos de Galicia
O evento foi presentado esta mañá no Pazo de Raxoi polo concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, acompañado por Pío Iglesias Carrera, presidente da Asociación Española de Interim Management. Durante o Congreso, en cuxa apertura participará o alcalde de Santiago, farase un recoñecemento aos fundadores da Asociación Interim Management España (AIME) polo seu décimo aniversario, unha traxectoria que comezou, precisamente, en Galicia, sede do Congreso.
DEPORTES
Preto de 600 atletas participarán este sábado nas distinas probas de Dúatlon Cidade de Santiago
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou hoxe os detalles do XX Dúatlon Cidade de Santiago e do XXIII Duatlón Escolar Cidade de Santiago. Na rolda estivo acompañada por Javier Campos Peña, presidente da Federación Galega de Triatlón, e Paloma Herbello Hermelo, presidenta do Club Triatlón Santiago.
ALCALDÍA
A Raíña Letizia preside o acto oficial polo Día Mundial das Enfermedades Raras que se celebra por primeira vez en Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou esta mañá na apertura do acto oficial co motivo do Día Mundial das Enfermedades Raras que se celebrou esta maña en Santiago e que foi presidido pola Súa Maxestade a Raíña Letizia.
PLENO
O Pleno habilita 1,8 millóns de euros para facer fronte á parte final do proxecto Smartiago
O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria, deu luz verde á aprobación dun expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 1.867.512,40 euros para o pagamento de facturas correspondentes ao tramo final do proxecto Smartiago. Contou cos votos favorables do goberno municipal e coa abstención do resto dos grupos.
TURISMO
‘Galicia en Copas’, un roteiro con 27 bares para degustar os mellores viños galegos
A iniciativa, enmarcada na feira Revera Vinum, ten como obxetivo reforzar a relación entre as adegas, locais de hostalaría e consumidores. Celebraráse do 17 ao 31 de marzo e inclúe sorteo de agasallos, como estancias en aloxamentos de turismo rural, experiencias en adegas, e lotes de viños
MOBILIDADE
O Concello impulsa o proceso de escoita cidadá na elaboración do PMUS coa celebración do I Foro de Mobilidade
O obxectivo do PMUS é "recoller os datos e escoitar a veciñanza para planificar a mobilidade do futuro" recalcou o alcalde, Sánchez Bugallo, que destacou que a partir do PMUS se definirán o próximo ano a ordenanza de circulación, a que regulará o reparto de mercadorías no casco histórico e a que definirá as zonas de baixas emisión. O alcalde que se felicitou polo éxito da convocatoria ante un auditorio do CSC Santa Marta sen ningún asento libre.