ALCALDÍA
O Concello de Santiago recibe a visita do arquitecto David Alan Chipperfield
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e varios representantes da Corporación municipal recibiron esta mañá a David Alan Chipperfield, Premio ConCiencia e Premio Pritzker 2023.
CAPITAL CULTURAL
As Xornadas de Ilustración Urbana volven ao Auditorio de Galicia ao abeiro do programa Compostela Ilustrada
Do 9 ao 12 de novembro, o 6º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela ilustrada reúne en Santiago debuxantes e artistas da ilustración nun intenso programa de obradoiros e clases maxistrais. Nese contexto, as Xornadas de Ilustración Urbana arrancan o venres 10 dúas tardes consecutivas de faladoiros con profesionais do eido para achegar á cidadanía o seu proceso creativo.
COMERCIO
O Concello reúnese coas asociacións de hostalería para analizar a nova convocatoria dos Bonos Corazón
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude mantivo hoxe unha xuntanza con representantes das asociacións de hostalería de Santiago para analizar a nova convocatoria dos Bonos Corazón. María Rozas agradeceu a boa receptividade das entidades e trasladoulles as bases, que tamén foron xa postas en común coas asociacións de comerciantes.