CONVIVENCIA
Membros de Protección Civil das Illas Canarias impartirán unha charla sobre a xestión e os efectos da erupción volcánica na Illa da Palma
O concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, e varios membros da Corporación municipal recibiron esta mañá aos responsables de Protección Civil de Llanos de Ariane, Santa Cruz de Tenerife e de Tegueste que se atopan en Santiago para dar unha charla sobre a xestión da emerxencia volcánica na Illa da Palma en 2021. Esta conversa terá lugar mañá xoves, 20 de decembro, no edificio CERSIA e está aberta a todas as persoas interesadas.
DEPORTES
Preto de 250 deportistas participarán este sábado no Open Promesas Mireia Belmonte
A piscina de Santa Isabel acollerá este sábado 2 de decembro o 'Open Promesas Mireia Belmonte by Hyundai' no que participarán 246 nadadores e nadadoras de 18 clubs de Galicia e de fóra de Galicia. A competición presentouse esta mañá no Pazo de Raxoi da man da concelleira de Deportes, Pilar Luiero, e o presidente do Club de Natación Ciudad de Santiago, José Rioseco.
ALCALDÍA
O Concello e a USC asinan un convenio marco para colaborar en múltiples ámbitos de interese para Santiago
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, asinaron esta mañá un convenio que establece un protocolo marco de colaboración entre as dúas institución nas áreas de urbanismo e infraestruturas, vivienda, mobilidade, transferencia de coñecemento, prácticas formativas, cultura, igualdade ou deportes.
TURISMO
Compostela promociónase na IBTM World como destino internacional para viaxes de incentivo
Turismo de Santiago manterá un axenda de preto de 50 reunións con axencias interesadas na cidade como destino MICE, a maior parte delas internacionais.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Comezan os roteiros saudables da Asociación Española Contra o Cancro en Compostela
O próximo domingo, 3 de decembro, comeza o programa de Roteiros Saudables organizado pola Asociación Española Contra o Cancro en Santiago, unha actividade dirixida ao público en xeral que tén como obxectivo fomentar un estilo de vida activa que axude a previr tanto o cancro como outras enfermidades. A iniciativa foi presentada hoxe nunha rolda de prensa na que participaron a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, e o presidente da Xunta Local da AECC en Compostela, Francisco Pais.
ALCALDÍA
Concello e hostaleiros avanzan na creación dunha mesa para o diálogo co sector
Na reunión confirmouse a adhesión dos hostaleiros á campaña municipal 'Fala Baixiño' e a vontade conxunta das dúas partes para a creación dunha mesa que sirva de "canle formal, estábel e de diálogo entre o Concello e as asociacións de hostalaría", como indicou a alcaldesa. Participaron na xuntanza a rexedora de Santiago, Goretti Sanmartín; os/as concelleiros/as María Rozas, Míriam Louzao e Iago Lestegás; e os/as representantes das principais asociacións de...