CONVIVENCIA
FALA BAIXIÑO
O Concello de Santiago, en colaboración coas principais asociacións do sector hostaleiro, pon en marcha a campaña 'Fala Baixiño' co obxectivo de mitigar os ruídos que se producen na rúa para favorecer o descanso da veciñanza.
FESTAS
Santiago dá a benvida ao Nadal este venres co acendido das luces e un amplo programa de actividades baixo a marca "Compostela, a estrela do Nadal"
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, avanzaron esta mañá o programa das Festas de Nadal que este ano se presenta baixo a marca "Compostela, a estrela do Nadal", inspirada na simbólica estrela de oito puntas de Santiago. Este novo programa aglutina un amplo abano de actividades para todo os públicos e de diferentes barrios e parroquias baixo unha mesma marca co fin de converter estas festas "nas terceiras de entidade da cidade", tras o Apóstolo e a Ascensión.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o expediente de contratación das obras para a reforma do viario A Pajuela-Campo da festa de Marrozos por preto de 450.000 euros
A Xunta de Goberno Local deu luz verde esta mañá á primeira fase da "Reforma do viario A Pajuela-Campo da festa de Marrozos", cun orzamento base de licitación de 448.450,20 euros, enmarcado no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.