ACCESIBILIDADE
O Concello de Santiago convoca o "I Foro da Accesibilidade" ao abeiro dun proceso participativo
O I Foro da Accesibilidade, que terá lugar o luns 13 de novembro ás 17:30 horas no Centro CABES, estará aberto á participación de toda a veciñanza e axentes implicados que queiran achegar suxestións, propostas ou inquedanzas en materia de accesibilidade.
ALCALDÍA
A alcaldesa reúnese coas asociacións de hostalaría para explicar o plan de comprobación da seguranza dos locais
A alcaldesa e o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, xunto con persoal técnico, mantiveron esta mañá unha xuntanza con representantes de Hostelería Compostela, Hostalaría.gal e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas para explicar o contido do plan destinado a verificar as medidas de seguranza nos locais, para atender a preocupación que manifesta publicamente o sector hostaleiro. O Concello estudará a proposta presentada polas asociacións para pór en marcha unha Mesa sectorial de hostalaría.