CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Os Bolechas. Amigas e amigos con diabetes" chegan á Rede de Centros Socioculturais grazas á doazón de ANEDIA
As bibliotecas e espazos de lectura da rede dos centros socioculturais contarán con exemplares do libro "Os Bolechas. Amigas e amigos con diabetes", grazas á doazón de ANEDIA, a Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia. O volume foi presentado hoxe no CSC Maruxa e Coralia polo concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, e a presidenta de ANEDIA, María Xosé Rego.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Finaliza o ciclo de Encontros Emprendedores cunha sesión arredor da mobilidade urbana sostible e accesible
O ciclo de Encontros Emprendedores, que arrancou o pasado mes de marzo, pon o punto final a vindeira semana cunha última cita arredor da mobilidade accesible e o transporte sostible. O obxectivo destes encontros é dar a coñecer os eixos da Axenda Urbana 2030 a través das experiencias compartidas por emprendedores/as en activo da cidade.
CONSORCIO
A exposición 'Santiago proxectado, arquitecturas non construídas' recolle proxectos non executados na historia compostelá
A mostra recolle catorce propostas xestadas no pasado da cidade e que non chegaron a realizarse por diferentes circunstancias. A alcaldesa e presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín, e varios representantes da Corporación municipal asistiron esta mañá á inauguración da exposición que se poderá visitar na Casa do Cabido ata mediados do mes de febreiro.
CAPITAL CULTURAL
Luis Zahera e Costa-Gavras non poderán asistir á 37ª edición de Cineuropa
Unha indisposición do intérprete compostelán imposibilita a súa viaxe a Santiago, polo que a entrega do premio Cineuropa se apraza á 38ª edición do festival. Carmen Claudín, colaboradora próxima e amiga de Jorge Semprún, presidirá a mesa redonda en homenaxe ao centenario do nacemento do escritor e guionista