ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
O festival O QUE NON SE ESCRIBE arranca mañá en Compostela co ‘Paradís’ de Joana Gomila & Laia Vallès
A master class do zanfonista Adrià Grandia abrirá a primeira xornada do festival, na que tamén está programada unha palestra arredor do novo mapa que relaciona música tradicional e creación, e que rematará co espectáculo ‘Paradís’ do dúo mallorquí Joana Gomila & Laia Vallés. A partir de mañá tamén será posible xa capturar os tesouros sonoros espallados polo casco vello da cidade. Na selección musical participaron artistas como Rodrigo Cuevas, Alba Carmona ou Refree, entre...
ALCALDÍA
A Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela inicia o proceso de participación directa da cidadanía a través de formularios en liña
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e os co-directores executivos do proxecto, María Cadaval e Santiago Lago, deron hoxe a coñecer a nova fase do proceso de elaboración da Axenda Urbana 2030, coa que se inicia un período propositivo aberto a todas as persoas interesadas en participar. Desde hoxe toda a cidadanía poderá facer chegar as súas propostas, opinións ou suxerencias a través da plataforma web e colaborar así na creación deste documento estratéxico para o futuro da cidade.
ACCIÓN CULTURAL
Preséntase o roteiro "Compostela exiliada", que se desenvolverá entre o 16 e o 18 de maio
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou hoxe o roteiro "Compostela exiliada", que conta con 90 prazas distribuidas en tres sesións que terán lugar o 16, 17 e 18 de maio. Na rolda de prensa estivo acompañada de Óscar Senra, da cooperativa "Maos Innovación Social", e un dos guías do roteiro.
TURISMO
Turismo de Santiago continúa a promocionar a cidade como escenario de rodaxes
Santiago de Compostela Film Commission participa en Sevilla nun encontro con importantes produtores audiovisuais estadounidenses.
ALCALDÍA
A propiedade presenta unha proposta na Comisión mixta de Peleteiro que amplía a entrada dende República Arxentina
A Comisión mixta de Peleteiro mantivo hoxe unha nova xuntanza na que, ademais das asociacións representadas, todos os grupos políticos, os técnicos municipais, a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou a propiedade da parcela, que presentou un proxecto coas indicación solicitadas na última xuntanza.
ALCALDÍA
Santiago acolle as xornadas de Innovación en Bosques Urbanos
Xa está aberto o prazo de inscrición para as primeiras xornadas sobre Innovación en Bosques Urbanos que terán lugar en Santiago os vindeiros 19 e 20 de maio. O Concello de Santiago pretende con este evento continuar a senda iniciada pola campaña do Carballo do Bosque do Banquete de Conxo, nomeado Árbore do Ano en España 2022, en prol do patrimonio natural da cidade.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local adxudica o servizo de ocupación da vía pública na Alameda para a colocación dos postos durante as festas da Ascensión e do Apóstolo
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, acordou autorizar o servizo de "Ocupación de vía pública no Parque da Alameda de Santiago de Compostela para a colocación de postos durante as festas da Ascensión e do Apóstolo do ano 2022" á empresa a Jesús Pombo, Ferias y Eventos, S.L., que oferta un canon de 110.000,13 euros.