DEPUTACIÓN

Saen a licitación as obras da senda peonil que mellorará a conexión entre Figueiras e Carme de Abaixo

16/12/2022

Con dous quilómetros e medio de percorrido, a senda contará cun investimento de case un millón de euros e un prazo de execución de nove meses. Trátase dunha "antiga demanda da veciñanza", segundo explicou o concelleiro de Medio Rural, coa que "se mellora a seguridade para os peóns nesta zona de Santiago, ao tempo que se promove unha mobilidade máis sostible e se axilizan as comunicacións peonís entre o centro da cidade e o rural".

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

O GCPHE reforza o certame ‘Aula Patrimonio’ cunha nova liña que incorpora a linguaxe audiovisual

16/12/2022

Nesta IX edición, os alumnos de ESO e FP das 15 cidades do Grupo poderán participar no concurso de fotografía en Instagram ‘A túa cidade, o teu patrimonio en Rede’, con premios de 500 euros para as mellores fotos de cada un dos municipios do Grupo. Os alumnos de 5º de Primaria teñen dispoñible a liña tradicional do certame, que consiste na elaboración de proxectos sobre outra cidade patrimonio do Grupo coa que resulten emparellados. Os quince gañadores desta sección poderán coñecer persoalmente a cidade...

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago executará as obras do Centro Loxístico de Provisión e Distribución de Mercadorías do Casco Histórico por un importe de 4,5 millóns de euros

16/12/2022

O investimento no tecido residencial será de 900.000€, o que triplica o investimento previsto no 2020. Esta partida irá destinada ao mantemento das envolventes exteriores e á rehabilitación das carpinterías de madeira e reixas dos edificios privados. Os máis de 9,6 millóns de euros orzamentados para o vindeiro ano incluirán tamén partidas destinadas ao mantemento de lousados; á difusión de publicacións e exposicións vencelladas á Cidade Histórica e á dinamización cultural e...

Ler máis
Compartir: