POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

O Auditorio de Galicia acolle o 30 de decembro a Festa do Apego

13/12/2022

O concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, presentou esta mañá a Festa do Apego, que se celebrará o venres 30 de decembro, no Auditorio de Galicia. A festa do Apego é unha excelente alternativa nestas datas de Nadal para que as familias teñan diversas opcións e poidan compartir un tempo e un espazo con outros pais e nais interesados na crianza en galego.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Julia Huete inaugura 'Sequitur' na Zona C

13/12/2022

Este proxecto forma parte das propostas seleccionadas na categoría de intervención artística para este espazo, situado na praza de Cervantes. A exposición permanecerá aberta ata o 11 de febreiro de 2023 no horario habitual da Zona C: de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 h.

Ler máis

URBANISMO

Comunicado aclaratorio sobre o precintado do local Cacao

13/12/2022

En relación co precintado do local Cacao, aclarar que desde o departamento de Urbanismo, decretouse o peche do local por:

-Carecer de licenza de obra maior, ao non serlle concedida por non presentar a documentación que dilixentemente se lle foi requirindo. A única licenza que tiñan era unha licenza de obra menor para pequenas demolicións interiores e de tabiquería e para baleirado do local, solicitada en xuño de 2021 e concedida ese mesmo mes, concretamente o 23 de xuño de 2021, por un importe algo superior aos seis mil...

Ler máis
Compartir: