EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Publicadas as listaxes definitivas de admitidos/as nos obradoiros de verán das escolas infantís municipais
A Concellaría de Educación e Cidadanía vén de facer públicas as listaxes definitivas de nenos/as admitidos/as nos obradoiros de verán das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. As familias admitidas deben agora formalizar o pago correspondente.
MEDIO AMBIENTE
Reforzo no servizo de recollida do lixo no casco histórico entre o 17 de xuño e o 16 de setembro
A Concellaría de Convivencia e Medio Ambiente vén de comunicar que, como consecuencia do incremento da actividade comercial e hostaleira na tempada de verán no casco histórico, e co obxectivo de mellorar a limpeza e ornato das rúas, o Concello de Santiago reforza este servizo, establecendo unha dobre recollida do lixo dende o 17 de xuño ao 16 de setembro.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello sumouse á celebración do Día Nacional das Linguas de Signos
A praza do Obradoiro acolleu a lectura do manifesto con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos. O acto, promovido pola Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, foi conducido pola concelleira en funcións de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, e contou coa participación da concelleira socialista Mila Castro e do edil popular Pedro Rey.