TURISMO
As Cidades Patrimonio, na Feira JATA de Tokio
O grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade estivo presente na Feira JATA 2017, celebrada en Tokio (Xapón) do 21 ao 24 de setembro. Esta é a feira de turismo máis importante do país nipón. Santiago de Compostela puido promocionarse xunto co resto de Cidades Patrimonio dentro do stand de Turespaña.
MOBILIDADE
Roteiros en cadeiras de rodas para reivindicar "unha cidade accesible para toda a cidadanía"
O próximo mércores, 27 de setembro, celébrase o Día da Accesibilidade dentro da Semana da Mobilidade, e o Concello e Cogami queren aproveitar a data para reivindicar "un modelo de mobilidade que sexa igual para toda a cidadanía, independentemente das súas condicións físicas". Así o explicou o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, na rolda de prensa na que presentou as actividades e na que estivo acompañado por Susi Pérez, representante da...
FACENDA
Comeza a fase de votación dos orzamentos participativos cun total de 133 propostas
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deu conta esta mañá do comezo da última fase dos orzamentos participativos de 2018, cuxo período de votación estará aberto ata o vindeiro 15 de outubro. A veciñanza pode decidir en que se invisten 1,5 millóns de euros de orzamento municipal, dividido en catro zonas da cidade e en actividades para festas do Apóstolo 2018 e mocidade.
DEPORTES
Alta participación no I Torneo de Xadrez Cidade de Santiago
O I Torneo de Xadrez Cidade de Santiago, celebrado o pasado 16 de setembro no Centro Comercial Área Central, reuniu a preto de 200 participantes procedentes de toda Galicia.
CONVIVENCIA
O Colecamiños do CEIP Ramón Cabanillas bota a andar coa participación de máis de 30 nenos e nenas
O proxecto de Camiño Escolar Seguro, Colecamiños, chegou hoxe ao CEIP Ramón Cabanillas do Castiñeiriño, coa participación de máis de 30 nenos e nenas. Despois de varias xuntanzas informativas e de facer probas nas propias rutas o pasado venres, hoxe foi a primeira xornada de funcionamento normalizado nos tres itinerarios deseñados para o centro. Tanto as nais e pais como o alumnado mostraron unha grande ilusión por participar no proxecto, que xa funciona con éxito nos colexios Pío XII e Raíña...
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago remata as obras no claustro da Colexiata de Sar
O Consorcio de Santiago acaba de rematar a obra de aplicación de revocadura de saneamento nos paramentos interiores do claustro da Colexiata de Sar. A firma que se encargou da intervención foi a Unión Temporal de Empresas SAR, por un importe global de 46.645,17 euros.