EMPREGO
Arranca o FIE 2017, que xestionará arredor de 300 postos de traballo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, inauguraron esta mañá as xornadas enmarcadas no Foro de Emprego 2017, que levan por nome "A economía circular, unha oportunidade para Santiago".
ALCALDÍA
O alcalde agradece o compromiso de Adif co proxecto da estación de mercadorías da Sionlla
O alcalde reiterou hoxe a súa satisfacción cos resultados da xuntanza que mantivo onte en Madrid co presidente de Adif, que cualificou de "moi frutífera". Martiño Noriega salientou que Juan Bravo expresou o seu compromiso co proxecto da estación de mercadorías da Sionlla, "que o sector empresarial da cidade leva anos reclamando".
MOBILIDADE
O transporte urbano gaña usuarios por primeira vez en case dez anos
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade deu conta hoxe dos resultados do exercicio de 2016 no transporte urbano. Jorge Duarte mostrou a súa satisfacción porque o servizo "empeza a gañar usuarios, con 10.000 máis o ano pasado que en 2015".
MEDIO AMBIENTE
A adecuación do contorno da lagoa de Cornes permitirá gañar un novo espazo verde para a cidade
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia vén de poñer en marcha o acondicionamento do contorno da lagoa de Cornes, co obxectivo de gañar un novo espazo verde para a cidadanía. O proxecto foi presentado este xoves polo edil Xan Duro, quen explicou que "non se vai facer un parque ao uso, senón que se respectará e potenciará un espazo natural moi singular que sorprendentemente sobreviviu malia a estar rodeado de infraestruturas".
DEPORTE
Case 500 ximnastas participarán en Santiago no Campionato Provincial de Ximnasia Rítmica
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou este xoves, acompañada da presidenta de Viravolta Compostela, Wendy Rey, e do responsable de Jael Joyería, José María Fernández, o Campionato Provincial de Ximnasia Rítmica, que se celebra o vindeiro mércores 17 de maio no Multiúsos Fontes do Sar.
CONSORCIO
Segue aberta a inscrición no curso de Especialización Instrumental da Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.
LINGUA E EDUCACIÓN
O Auditorio de Galicia acolle o II Encontro Regueifesta de improvisación oral en verso
O Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) acolleu esta tarde a presentación da Regueifesta, un evento arredor da regueifa que busca fomentar o uso da lingua galega entre a mocidade. Na rolda de prensa estiveron presentes o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
O Concello detecta defectos na obra da rúa de Montero Ríos e dálle 15 días á empresa para emendalos
O Concello de Santiago vén de detectar algúns defectos na actuación de humanización da rúa de Montero Ríos, que impediron asinar hoxe a recepción das obras, tal e como estaba previsto. A empresa construtora ten agora un prazo de 15 días laborables para corrixir os erros, antes de que a actuación sexa recibida polo Concello.