MOCIDADE
Aberto o prazo para participar na segunda programación do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga
A concellaría de Mocidade vén de abrir un novo prazo para que os mozos e mozas de Compostela poidan apuntarse ás actividades organizadas no Centro Xove de Creación cultural da Almáciga.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a memoria da XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a memoria de actividades e orzamentaria da XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura, que se desenvolverá do 27 de marzo ao 13 de maio.
ALCALDÍA
O presidente de Cabo Verde visita o Pazo de Raxoi
O alcalde, Martiño Noriega, presidiu hoxe a recepción oficial, no Salón Nobre do Pazo de Raxoi, ao presidente da República de Cabo Verde, Jorge Carlos de Almeida Fonseca. Ao acto asistiron os tenentes de alcalde, María Rozas e Jorge Duarte, os voceiros dos tres grupos municipais da oposición, e membros da delegación caboverdiana.
CONSORCIO
O Consorcio inicia os actos do seu 25º aniversario coa celebración do VI Encontro Ibérico de Xestores de Patrimonio Mundial
O evento, organizado pola Secretaría de Estado de Cultura, terá lugar entre o 29 e 31 de marzo e abordará o impacto do turismo sobre os elementos do Patrimonio Mundial. Reunirá a expertos da UNESCO, a representantes de Patrimonio do Ministerio de Cultura e das Comunidades Autónomas, xunto a xestores das cidades Patrimonio da Humanidade de España e Portugal
EDUCACIÓN
O Concello, Arraianos Multimedia e Radio Galicia convocan o I Certame Escolar de Relato Radiofónico "O vello dos contos"
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e o representante de Arraianos Multimedia, Aser Álvarez, presentaron esta mañá o I Certame Escolar de Relato Radiofónico "O vello dos contos".
ALCALDÍA
O alcalde confía en que o pleno ordinario de abril adopte a decisión definitiva sobre a municipalización da ORA
O alcalde, Martiño Noriega, afirmou hoxe que a intención do goberno local é que a decisión definitiva sobre a municipalización da ORA e o guindastre se adopte no pleno ordinario do mes de abril, que previsiblemente se celebre o día 27 para evitar a súa coincidencia coa Semana Santa.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto modificado da Fase II das obras de mellora do barrio de Vista Alegre
A Xunta de Goberno aprobou hoxe, nunha sesión extraordinaria, o proxecto modificado de mellora da mobilidade e accesibilidade no barrio de Vista Alegre, Fase II.