XUNTA DE GOBERNO
O Concello inicia a expropiación do dereito de uso da vivenda situada no recinto escolar do CEIP Lamas de Abade
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o expediente de expropiación do dereito de uso da vivenda situada no recinto escolar do CEIP Lamas de Abade, na que a Consellería de Educación prevé acondicionar dúas aulas que palíen o déficit de espazo neste centro escolar. O proxecto de expropiación será sometido a información pública polo prazo dun mes, e seralle trasladado directamente tanto á persoa afectada como á Consellería de Educación, para que poidan presentar alegacións.
POLÍTICAS SOCIAIS
Concha Fernández asiste á inauguración da exposición "Sorrisos transformadores"
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asistiu este venres á inauguración da exposición Sorrisos transformadores, impulsada pola Deputacion de Pontevedra a e Asociación de Familias de Menores Trans "Arelas".
TURISMO
O Tren Turístico incorporará unha nova ruta verde polos parques e a arquitectura contemporánea da cidade
A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou as melloras que se inclúen nos pregos de condicións do concurso para a explotación do servizo do Tren Turístico de Santiago, que aprobou o Consello de Administración de Incolsa e que onte se publicaron no BOP da Coruña.
TURISMO
As Cidades Patrimonio da Humanidade, no Salón des Vacances de Bruxelas
As Cidades Patrimonio da Humanidade continúan coas accións de promoción previstas no seu Plan Operativo de Turismo 2017 cunha nova campaña internacional para a captación de viaxeiros: o Salon des Vacances de Bruxelas, a feira de turismo máis importante do Benelux.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Aberto o prazo para a concesión de sete postos na Nave 5 da Praza de Abastos
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio de concesión de postos na Nave 5 do Mercado de Abastos. Son un total de 7 locais cuxo prezo oscila entre os 12.024 e os 24.048 euros.
CONVIVENCIA
As instalacións deportivas ao aire libre quedarán pechadas esta tarde por mor do temporal
O Concello de Santiago vén de ordenar o peche, a partir das 17:00 horas, das instalacións deportivas ao aire libre ante o aviso de alerta laranxa a partir das 18:00 horas. Tampouco se poderá acceder aos parques da Alameda, Bonaval e Zeca Afonso. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, explicou que "estas son as zonas verdes da cidade con árbores máis vellas e con maior posibilidade de que se produzan caídas de pólas". A medida responde ao aviso de alerta laranxa en toda Galicia, por previsión de ventos con...
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto de ampliación do viario da Cañoteira de Marrozos
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto da primeira fase da ampliación do viario que comunica Cañoteira e Outeiro, na parroquia de Marrozos. As obras contan cun orzamento de 381.049,76 euros, IVE incluído, e un prazo de execución de tres meses.