ACCIÓN CULTURAL

O XXVII Festival Galicreques, no que colabora o Concello de Santiago, ofrecerá máis de 50 funcións da man de 26 compañías e artistas

05/10/2022

O Festival Internacional Galicreques, que se celebrará en Santiago entre o 8 e o 16 de outubro, contará con cinco estreas absolutas, cinco espectáculos inéditos en Europa e unha sección dirixida ao público adulto chamada 'Cara BÉ'. Ademais, compañías procedentes de Uruguai, Arxentina, Portugal, Perú, Turquía, Brasil ou Italia pasarán por un Galicreques que concederá o seu premio de honra 2022 á formación arxentina Tres Tigres Teatro.

Ler máis
Compartir: