EDUCACIÓN
Programa municipal de conciliación de verán 2024
A Xunta de Goberno Local na súa sesión do 6 de maio aprobou os prazos de solicitude e o procedemento de admisión do "Programa municipal de conciliación de verán 2024", destinado á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago, que se vai desenvolver nos CEIP Ramón Cabanillas e Monte dos Postes entre o 24 de xuño e o 10 de setembro, ambos incluídos.
XUNTA DE GOBERNO
Aberto ata o 14 de maio o prazo de inscrición no Programa municipal de conciliación de verán 2024
A Xunta de Goberno Local aprobou os prazos de solicitude e o procedemento de admisión do "Programa municipal de conciliación de verán 2024", destinado á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago, que se vai desenvolver nos CEIP Ramón Cabanillas e Monte dos Postes entre o 24 de xuño e o 10 de setembro, ambos incluídos. A concelleira de Educación, Míriam Louzao, deu conta dos detalles en rolda de prensa.
XUNTA DE GOBERNO
O executivo municipal aproba o Plan de Contratación para 2024, que recolle 82 contratos cun valor de preto de 223 millóns de euros
O concelleiro de Economía, Facenda e Contratación, Manuel César, deu conta en rolda de prensa do Plan de Contratación municipal para 2024, aprobado na sesión ordinaria da Xunta de Goberno, "un instrumento de planificación esencial para a boa xestión da administración municipal".
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá luz verde ao proxecto para mellorar a accesibilidade en 14 puntos do concello
O executivo local aprobou hoxe o proxecto básico e de execución para a mellora da accesibilidade no Concello de Santiago por un importe de preto de 240.000 euros. Tamén aprobou a encomenda da execución do segundo tramo da Vía Verde á Deputación da Coruña e deu luz verde ao convenio para o finaciamento da capitalidade por 2,4 millóns de euros.
ALCALDÍA
A alcaldesa traslada, na reunión co Foro Cívico, acordos do Concello con outras administracións que favorecerán o desenvolvemento da cidade
A alcaldesa Goretti Sanmartín, acompañada da tenente de alcaldesa María Rozas e do concelleiro de Urbanismo Iago Lestegás, mantiveron unha xuntanza co Foro Cívico para analizar temas cruciais para a cidade. En declaracións aos medios ao remate do encontro, que cualificou de "satisfactorio" afirmou concordar "coa liña e coa defensa que fai o Foro Cívico deles para o desenvolvemento da cidade".