DEPORTES
Mañá abre o prazo para solicitar as subvencións destinadas ao deporte federado
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou hoxe a convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado, aprobadas pola Xunta de Goberno local o pasado 27 de maio. Estas axudas contan cun orzamento de 330.000 euros, cun importe máximo a percibir por entidade de 18.000 euros e poderán ser solicitadas ata o 15 de xuño.
LINGUA
Chega a programación do mes de xuño ao Espazo Apego
A proposta de actividades para o mes de xuño no Espazo Apego está xa dispoñible e o prazo de inscrición aberto.
MOBILIDADE E CONVIVENCIA
Máis de 400 escolares participan na Marcha Ciclista organizada polo departamento de Educación Viaria da Policía Local
Máis de 400 rapaces e rapazas participaron esta mañá na Marcha Ciclista Escolar que pecha as actividades organizadas polo departamento de Educación Viaria da Policía Local. Os nenos e nenas fixeron un percorrido pola cidade, cun descanso na Praza do Obradoiro onde foron recibidas pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e polo concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro.
ALCALDÍA
O Concello avanza na incorporación dos recoñecementos do acto Alba de Compostela no Regulamento de títulos, honras e condecoracións
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, tamén deu conta esta mañá en rolda de prensa da solicitude enviada á Xunta para a convocatoria dunha reunión bilateral entre as dúas institucións sobre a Capitalidade e outros asuntos de "urxencia e relevancia" para a cidade e anunciou a data de constitución da Comisión especial da xestión do ciclo integral da auga, que terá lugar o vindeiro 10 de xuño.