CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Alameda de Santiago acolle este sábado as actividades para a cativada do "Día Internacional do Xogo"
O Paseo da Ferradura, na Alameda de Santiago, acollerá este sábadi distintas actividades de ocio programadas pola Rede de Centros Socioculturais para conmemorar o "Día Internacional do Dereito ao Xogo". A partir das 11:00 horas, nenos e nenas poderán gozar co circuíto de xogos tradicionais, de habilidade e cooperativos, así como co espectáculo "Cantaxoga" de Migallas.
PLENO
Retransmisión do pleno ordinario do 30 de maio
10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
CONVIVENCIA
O 1 de xuño abre o prazo para solicitar os permisos para a celebración das cacharelas e sardiñadas da noite de San Xoán
O vindeiro sábado, 1 de xuño, abre o prazo para solicitar os permisos para a celebración das cacharelas e sardiñadas pola noite de San Xoán, tanto en terreos de propiedade privada como pública.
PLENO
O Pleno aproba a creación da Comisión especial da xestión do ciclo integral da auga
O Pleno municipal deu luz verde esta mañá á proposta da Alcaldía para a creación dunha comisión especial dedicada a analizar a forma máis sustentable e eficiente da xestión do ciclo da auga e que estará integrada por unha representación de todos os grupos municipais e por persoal técnico municipal. A Corporación tamén aprobou por unanimidade dúas declaración institucionais, unha en apoio ás persoas afectadas pola ELA e outra con motivo do Día do Orgullo LGBTI+, o vindeiro 28...
RESIDUOS
Reforzo do servizo de recollida de residuos durante os días do festival O Son do Camiño
Con motivo do festival O Son do Camiño, que se celebra do 30 de maio ao 1 de xuño no Monte do Gozo, o Concello de Santiago de Compostela reforzou o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria para contribuír a garantir unha xestión máis eficaz.
ALCALDÍA
A alcaldesa de Santiago lamenta que o presidente da Xunta non recoñeza a capital de Galicia e ínstao a convocar unha reunión bilateral no inicio desta lexislatura
A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, reclama ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, unha reunión bilateral para abordar os asuntos pendentes que afectan á capital galega e lamenta que non recoñeza a capital de Galicia.