CAPITAL CULTURAL
‘Ritos de resistencia’: o Grupo Ouriol pon son á poesía de Luísa Villalta
O Teatro Principal acolle o sábado 18 de maio ás 20.30 horas un recital multidisciplinar sobre a poética da escritora á que este ano se dedica o Día das Letras Galegas. A asistencia é gratuíta previa retirada de convites na web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C e no do Teatro Principal (neste o último caso, só o día do evento). Na conmemoración do Día das Letras, a programación escénica de Compostela Cultura inclúe tamén dúas funcións de ‘Made...
CAPITAL CULTURAL
Gozar do teatro por vez primeira con ‘Coliño’ e ‘Univers’
A programación escénica de Compostela Cultura garda lugar esta fin de semana para dous espectáculos dirixidos á primeira infancia. O sábado, día 4 de maio, A Xanela do Maxín ofrecerá no Teatro Principal dúas funcións de ‘Coliño’ e o domingo, día 5, Engruna Teatre representará tamén dous pases de ‘Univers’ no Auditorio de Galicia. As entradas para as funcións de ambos os espectáculos xa están esgotadas.
IGUALDADE
Constituídas as comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero
As dúas comisións de traballo da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero quedaron oficialmente constituídas hoxe tralas reunións telemáticas que mantiveron esta mañá as distintas entidades que compoñen a mesa.