DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Compostela co Sur Global: as ONGDs dan conta dos proxectos que desenvolven grazas ás subvencións do Concello de Santiago
O edificio Cersia de San Lázaro acollerá mañá, a partir das 16:30 horas, un encontro con ONGDs que están a desenvolver diferentes proxectos apoiados polo Concello de Santiago, a través da súa liña de subvencións á cooperación ao desenvolvemento. A actividade, que leva por lema "Compostela co Sur Global", forma parte do programa Compostela Máis Solidaria, impulsado pola Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, en colaboración coa Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais.
PLENO
A Corporación municipal súmase ao apoio ás persoas afectadas pola ELA cunha declaración institucional que se aprobará o vindeiro xoves
O Pleno do Concello aprobará o vindeiro xoves 30, na sesión ordinaria do mes de maio, unha declaración institucional subscrita por todos os grupos municipais en apoio ás persoas afectadas pola Esclerosis Lateral Amiotrófica que busca impulsar a tramitación da proposición da Lei ELA.