PLENO
O Pleno dá luz verde ao Regulamento do Consello Municipal de Igualdade e unha Declaración para impulsar o uso do galego
O Pleno Municipal acordou esta mañá de xeito unánime a aprobación inicial do Regulamento do Consello Municipal de Igualdade do Concello de Santiago que permitirá dotar de autonomía propia a este órgano, integrado ata o de agora a través dunha comisión sectorial no Consello de Familia, Benestar Social e Igualdade. A totalidade da Corporación municipal tamén apoiou dúas declaracións institucionais con motivo do Día das Letras Galegas e do Día Internacional do Lupus.
CAPITAL CULTURAL
Preto de mil persoas reuniranse en Compostela para cantaren xuntas Grândola, Vila Morena
Como parte das actividades en conmemoración do 50 aniversario da Revolução dos Cravos, o Auditorio de Galicia fixo un chamamento á cidadanía para participar nun canto popular desta composición de Zeca Afonso que se erixiu en himno da liberdade. A primeira interpretación pública de Grândola, Vila Morena tivo lugar en Compostela en 1972, nun concerto promovido polo estudantado da USC
DEPORTES
Santiago acolle este sábado a carreira nocturna SantYaGo10k
O vindeiro sábado día 27 de abril celebrarase na cidade a VIII carreira SantYaGo10K Cidades Patrimonio da Humanidade, unha importante proba atlética de 10.000 metros na que está previsto que participen arredor de 1.500 corredores. Está organizada polo Concello de Santiago e o Club de Atletismo Fontes do Sar, coa participación da Real Federación Española e Federación Galega de Atletismo. Durante o transcurso da proba, as rúas do percorrido estarán pechadas ao tráfico.