LINGUA

Volven as actividades do programa Apego para fomentar a crianza en galego

01/03/2024

O Concello de Santiago relanza o programa Apego con novas actividades que comezan neste mes de marzo para a socialización en galego de nenos e nenas entre 0 e 6 anos. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada da técnica do Departamento de Lingua, Marta Besada, deu conta en rolda de prensa das actividades deste programa que busca situar Compostela á "vangarda das políticas de promoción e defensa da lingua galega, sobretodo entre as crianzas".

Ler máis

DEPORTES

Recollida de alimentos no estadio Verónica Boquete durante o partido do domingo da SD Compostela

01/03/2024

O vindeiro domingo, durante o encontro que manterá a SD Compostela co Gimnástica de Torrelavega, recolleranse no estadio municipal Verónica Boquete produtos non perecedoiros a favor do Banco de Alimentos de Santiago (Balrial), patrocinador do partido. Todas aquelas persoas que entreguen produtos na entrada do Estadio terán o acceso de balde ao encontro. A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, participou esta mañá na presentación desta iniciativa solidaria.

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

Josep Maria Pou chega este domingo ao Auditorio de Galicia con ‘El Padre’

01/03/2024

O actor catalán interpreta un home que pacede alzhéimer nesta adaptación ao castelán da exitosa obra de Florian Zeller. A representación terá lugar na Sala Ángel Brage a partir das 20.30 horas e as entradas poden ser adquiridas na web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C e no do propio Auditorio.

Ler máis
Compartir: