XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de acondicionamento das pistas de tenis de Rodríguez de Viguri

30/01/2023

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou hoxe o proxecto de "acondicionamento das pistas deportivas da Avenida Rodríguez de Viguri", cun orzamento base de licitación de 251.785,74 euros (208.087,39 euros máis 21% IVE). 47.880,10 corresponderían á primeira fase de acondicionamento da pista 1; e 203.905,64 euros á segunda fase, de acondicionamento das pistas 2 e 3. Dos acordos adotados informou, en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Xosé Sanchez Bugallo.

Ler máis

URBANISMO

O alcalde reúnese coa veciñanza da Avenida de Pontevedra, que solicita o cambio de trazado da senda ciclista entre San Caetano e O Milladoiro

30/01/2023

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, reuniuse esta tarde coa veciñanza da Avenida de Pontevedra, que lle amosou a súa preocupación pola senda ciclista que ten proxectado a Xunta entre San Caetano e O Milladoiro; polo que piden un cambio de trazado que afecte en menor medida as súas vivendas e fincas.

Ler máis
Compartir: