URBANISMO

O alcalde reúnese cos propietarios das parcelas nas que se ubicará a plataforma de mercadorías, para explicarlle o proceso de expropiación e pago dos terreos

29/01/2023

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse cos veciños e veciñas afectados pola expropiacion das parcelas nas que se ubicará a futura plataforma loxística de mercadorías para explicarlle o proceso de pago das súas fincas. No encontro estivo acompañado polos concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, de Obras, Gonzalo Muíños, e pola técnica responsable da área de Urbanismo.

Ler máis
Compartir: