ACCIÓN CULTURAL

A Concellería de Acción Cultural relanza a iniciativa ‘Compostela Literaria’ que reúne contidos e recursos sobre a relación da cidade coa literatura

25/01/2023

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou hoxe "Compostela literaria", unha web actualizada que inclúe un mapa literario das obras e autores e autoras vinculados a Santiago, así como outros recursos e artigos. Na rolda de prensa estivo acompañada de Óscar Senra, da cooperativa Maos Innovación Social.

Ler máis

TURISMO

O Encontro do Viño Galego ‘Revera Vinum’ voltará por segundo ano consecutivo con máis de 500 referencias

25/01/2023

Promovido pola Asociación Hostelería Compostela co apoio do Concello de Santiago, o encontro 'Revera Vinum' celebrarase os días 27 e 28 de marzo no San Francisco Hotel Monumento. O obxectivo é dar a coñecer os viños galegos entre os profesionais do sector, a veciñanza e os turistas que visiten Compostela, ofrecendo un amplo programa de actividades, entre as que destacan o Túnel do Viño, a cata de anada histórica ou a entrega da Distinción Revera Vinum para recoñecer o esforzo dos profesionais na...

Ler máis

OBRAS

O Concello de Santiago destinará 600.000 euros ao mantemento e reparación dos espazos públicos do núcleo urbano

25/01/2023

O concelleiro de Obras, Gonzalo Muíños, acompañado polo arquitecto xefe do Servizo de Proxectos e Obras, Antonio Ranedo, presentou hoxe en rolda de prensa os detalles de dous novos pregos que rexerán os servizos de mantemento e reparación dos espazos públicos e dos pavimentos asfálticos dos viarios no núcleo urbano, o primeiro por un importe de 600.000 euros e o segundo, por 800.000 euros. Tamén se presentou o novo contrato por obras para a rehabilitación dos firmes das rúas Alfredo Brañas, Santiago de Chile,...

Ler máis
Compartir: