MEDIO AMBIENTE
Máis de 800 familias súmanse ao voluntariado marrón na segunda semana da campaña ‘Ti tes a chave’
Un total de 803 familias, que suman máis de 2.500 veciños e veciñas dos barrios de Vite e Fontiñas, uníronse ao voluntariado marrón na segunda semana de Ti tes a Chave, campaña coa que o Concello de Santiago de Compostela inicia a posta en marcha do Plan de Xestión de Materia Orgánica e promove a compostaxe.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música arranca unha nova tempada baixo o título "SonArte"
SonArte é o título da nova tempada de concertos da Banda de Música Municipal de Santiago que se desenvolverán principalmente no Teatro Principal e no Auditorio de Galicia, e que coincidirá co 175 aniversario da súa fundación que se conmemora en 2023. En total, a BMSC ofrecerá ata o próximo maio un ciclo de 27 concertos nas que a música se relacionará con outras disciplinas artísticas e que arrancará este domingo ás 12:30 no Auditorio de galicia co programa "De Capo".
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago participa en Mérida no XVI Encontro de Xestores de Patrimonio Mundial
O Consorcio de Santiago, representado pola súa xerente, Belén Hernández, participa no XVI Encontro de Xestores de Patrimonio Mundial que se está a celebrar en Mérida e no que se conmemora o 50 aniversario da Convención de Patrimonio Mundial da Unesco.
ALCALDÍA
A xuntanza informativa coa veciñanza de Villestro e Laraño afectada pola construción dunha liña de alta tensión celebrarase o venres 7 de outubro
A reunión, que estaba prevista incialmente para este venres 30, celebrarase o VENRES 7 DE OUTUBRO ÁS 20.00 horas no local social de Laraño.
PLENO
O Pleno aproba a modificación puntual do PXOM no ámbito da estrada Vigo-Chouchiños
O Pleno do Concello de Santiago, que comezou cun minuto de silencio polas vítimas de violencia machista e polo funcionario municipal José Manuel Carpinteiro, aprobou por unanimidade de todos os grupos municipais a modificación puntual do PXOM no ámbito do SUD 9-10, estrada de Vigo-Chouchiños. Tamén se deu luz verde ao estudo de detalle da parcela B4b01c do parque empresarial da Sionlla.