OBRAS
A concellería de Obras arranxou e instalou preto de 400 bancos no que vai de ano
O concelleiro de Obras, Javier Fernández, deu conta esta mañá dos traballos de mantemento e rehabilitación no mobiliario urbano deste ano. En total, o Concello reparou 340 bancos repartidos en oito barrios de Santiago grazas aos labores realizados por persoal de Centros Especiais de Emprego. Tamén foron incorporados 40 novos bancos en diferentes rúas da cidade.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Mila Castro reúnese cun representante da Alcaldía da cidade senegalesa de Saint Louis para falar sobre unha futura irmandade
A alcaldesa en funcións, Mila Castro, reuniuse hoxe con Aboul Dembel Sow, Relacións Públicas do gabinete do alcalde da localidade senegalesa de Sant Louis, para tratar sobre unha posible irmandande entre ambas cidades.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade na feira máis importante de Xapón
Logo da asistir por primeira vez á ILTM Asia Pacific, feira de turismo de luxo que se celebrou do 5 ao 8 de setembro en Singapur, Turismo de Santiago continúa traballando para reactivar o turismo asiático, participando nesta ocasión na Jata, principal feira turística para o mercado xaponés, que se celebra en Tokio do 22 ao 25 de setembro. O turista xaponés é o que ten un maior gasto medio en España, con máis de 3.000 euros por persoa.