CIDADES PATRIMONIO

Gran éxito da V edición da Noite do Patrimonio nas 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España co selo UNESCO

19/09/2022

Rexistráronse colas para acceder a algúns monumentos: Centos de espazos históricos abriron en horario extraordinario, como catedrais, palacios ou museos; tamén se ofreceron multitude de visitas guiadas e espectáculos ao aire libre, dentro dunha oferta cultural única en Europa e gratuíta. O presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo, celebra o éxito da quinta edición e anuncia que "xa empezamos a traballar para preparar o 30 aniversario do Grupo, que...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

35 propostas diversas dunha ducia de países, incluídas tres estreas, no festival "Maré, Músicas e Artes atlánticas 2022"

19/09/2022

A de 2022 é a terceira edición en Santiago de Compostela deste festival que se desenvolverá entre o 21 e o 25 de setembro e que conta co apoio do Concello de Santiago. Das 35 propostas desta edición, 22 teñen presenza feminina e 16 contan con representación galega e ademais haberá dúas estreas a nivel europeo, a da nova xira de Chico César e a da Orquestra Voadora, e unha en España, a de Capercaillie & RFG. Toda a información sobre artistas, horarios, localizacións e as entradas dispoñibles pode...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba os prezos públicos das actividades dos centros socioculturais para este curso e as reducións por motivos sociais, culturais e de interese público

19/09/2022

O executivo local, ademais de dar luz verde aos prezos públicos e aos prezos reducidos das actividades regulares para o curso 2022-2023 dos centros socioculturais, que se manteñen conxelados, aprobou a aplicación da gratuídade da atención educativa na rede de Escolas Infantís Municipais do Concello (Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños). Deu conta dos asuntos tratados en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS E SAÚDE

A sede de Aspanaes en Santiago recibe a visita dos concelleiros Mila Castro e José Manuel Pichel

19/09/2022

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro; o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso visitaron hoxe a sede de Aspanaes (Asociación de Pais e Nais con Espectro Autista) en Santiago. Un centro, segundo destacou Mila Castro, de "referencia a nivel de Galicia" tanto pola ubicación, nunha contorna natural, como polo equipamento, que o organismo provincial subvencionou con 150.000 euros.

Ler máis
Compartir: